Néstor Rego denuncia as continuas incidencias, especialmente no tramo entre Ferrol e Ortigueira, e urxe o Goberno a mellorar o transporte público e executar investimentos para a modernización da liña e a renovación do material rodante
Madrid, 9 de xuño de 2026. O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, alerta da necesidade de actuar con carácter inmediato na liña de ferrocarril de largo métrico que une todo o norte da Galicia, especialmente entre Ferrol e Ortigueira, ante a reiteración de incidencias graves, a deterioración do servizo e a falta de investimentos estruturais por parte do Goberno do Estado, e defende a posterior transferencia á Galicia.
Segundo subliña o BNG, a situación da liña resulta “insustentábel” após novos episodios como o incendio recente nunha unidade ferroviaria e a acumulación de máis de 100 supresións de servizo en apenas uns meses, provocadas maioritariamente polo mal estado do material rodante e pola falta de unidades de substitución.
A formación nacionalista advirte de que a inseguranza do servizo é xa estrutural, con avarías frecuentes, cancelacións case diarias e falta de información e alternativas para as persoas usuarias. Esta situación afecta de maneira directa a conectividade das comarcas de Ferrol e Ortegal, agravando o illamento territorial e as dificultades de mobilidade.
Para o deputado do BNG, esta realidade contrasta co incremento das necesidades de transporte público nun territorio que precisa servizos ferroviarios “fiábeis, frecuentes e adaptados á realidade social e económica”.
Ante esta situación, o deputado nacionalista reclama ao Goberno executar investimentos urxentes de modernización, renovar o material rodante e reforzar o persoal de atención ao público tanto a bordo como nas estacións.
Transferencia e modelo de xestión máis próximo
Paralelamente, Néstor Rego insiste en que a solución de fondo pasa por unha mudanza de modelo: a transferencia da liña entre Ferrol e Ribadeo á Administración galega, de maneira que a infraestrutura e os servizos poidan ser xestionados con criterios de proximidade e eficacia.
Neste sentido, Rego lembra que outros territorios xa completaron procesos semellantes coa antiga rede FEVE, como Euskadi, Catalunya ou Andalucía, a través de operadores públicos propios, con resultados positivos no incremento de usuarios e na mellora do servizo.






















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



