Ribadeo, 20 de febreiro, 2024. Este sábado 22 de febreiro ás 12h do mediodía o BNG de Ribadeo convoca unha concentración diante do Centro de Saúde en defensa da Atención Primaria.
O obxectivo é reclamar a cobertura do servizo de pediatría e matrona todos os días da semana, así como da praza de medicina de familia vacante dende que a anterior profesional se xubilou en decembro do 2023. Instarase tamén ao SERGAS a que proceda a cubrir de maneira inmediata as vacantes de medicina de familia que se van producir por xubilación nos vindeiros meses.
“O tempo pasa, pero os problemas no Centro de Saúde persisten e incluso se agravan. Hai un ano reclamabamos ao SERGAS a presenza de pediatra todos os días da semana para dar cobertura á baixa da titular da praza. Así o fixemos mediante concentración veciñal e a través dunha moción no Concello dirixida ao SERGAS, á que este se dignou a contestar parcamente que “o servizo estaba garantido”. Calquera familia de Ribadeo e Trabada con nenos e nenas ao seu cargo sabe que isto non foi así salvo no momento que a pediatra se incorporou ao seu posto. Na actualidade o servizo de pediatría funciona escasamente o 50% do tempo, con dous profesionais que acoden ao centro a maiores da súa xornada habitual para dar un servizo mínimo que en absoluto é suficiente. Proba do mesmo son a imposibilidade de conseguir cita co pediatra a menos de 4 días vista, os aprazamentos continuos das revisións pediátricas, os múltiples cambios de citas xa axendadas…”.
“A mesma situación estase a dar na consulta da matrona do centro, ausente por incapacidade temporal, e con substitución da profesional só un día á semana. A matrona é a profesional de referencia para atención á saúde maternoinfantil, sexual e reprodutiva da muller en atención primaria. Encárgase do consello afectivo-sexual, reprodutivo e contraceptivo da muller, dos programas de preparación prenatal e preparación completa ao parto, da atención aos problemas de saúde da muller no climaterio e menopausa… servizos que se están á negar ás mulleres de Ribadeo por unha mala xestión do Servizo Galego de Saúde”.
Son estas as políticas da Xunta de Galicia para fomentar a natalidade?
“Non menos importante é a situación dos cupos de medicina de familia do centro. Un deles leva vacante dende decembro do 2023, data na que se xubilou a anterior propietaria da praza. Isto provoca que os pacientes deste cupo sexan derivados cada vez que precisan atención a algunha das outras médicas do centro, negándoselles así o seguimento de saúde que debera garantir a Atención Primaria”.
“Da plantilla de médicas de familia, dúas poderían xubilarse en calquera momento xa que están en prórroga voluntaria, e outras dúas teñen prevista a súa xubilación neste ano 2025. ¿Cal vai a ser a actuación do SERGAS ao respecto? Moito nos tememos que a situación non vai a facer máis que empeorar vendo os antecedentes antes descritos e é por iso que vemos necesaria esta concentración”.
“Ante a pasividade asumida polo SERGAS á hora de dar cobertura ás diferentes carencias de profesionais que se van sucedendo no tempo, especialmente dos médicos de familia, vémonos na necesidade de reclamar unha vez máis unha Atención Primaria pública de calidade e proximidade. Queremos amosar a nosa sensibilidade e preocupación cunha situación que non por frecuente no tempo debemos asumir como normal. Consideramos que é a nosa obriga posicionarnos e expresar o noso malestar coas políticas sanitarias do Sergas do Partido Popular que unha vez máis, afectan á nosa vila”.





















Para participar, só é preciso realizar unha compra igual ou superior a 10 euros e rexistrar o tícket na web
Trátasde dunha adaptación da novela de Neira Vilas no décimo aniversario da súa morte, dirixida por Cándido Pazó. 20.30 horas.
Ao remate creouse un pequeno xardín de plantas de tempada de cor rosa na contorna do parque Reina Sofía, como símbolo da loita e da visibilidade desta causa. O Concello agradeceu a participación de todas as persoas asistentes e destacou especialmente o labor da Asociación de Mulleres de San Ciprián, que decorou a cafetaría da Casa do Mar en tons rosas para acoller a merenda final, contribuíndo a crear un espazo cálido e significativo para pechar a xornada.
Solicítase á veciñanza que retire os vehículos estacionados nesta zona durante a mañá do martes, co fin de facilitar o desenvolvemento dos traballos. A Policía Local colocou o luns a sinalización informativa correspondente. Durante as actuacións poderán producirse cortes puntuais de circulación, procurando facilitar o acceso aos garaxes da zona. A duración dos traballos dependerá das condicións meteorolóxicas e da súa evolución. O Concello de Viveiro agradece a colaboración da veciñanza e desculpa as molestias que se poidan ocasionar.
A alcaldesa de Lourenzá, Rocío López, explica que foi “un encontro para compartir, aprender e lembrar a importancia da prevención, a detección precoz e a investigación. E, como símbolo de apoio, un lazo rosa ilumina a fachada da Casa do Concello e os donativos recollidos destinaranse integramente á AECC”.
Ribagorda visitou Ribadeo acompañado polo director xeral de Comercio, Gabriel Alén, nun percorrido polas principais rúas comerciais da vila, xunto ao xerente de ACISA, Jesús Pérez, e a concelleira de Comercio, Marta Saiz. Na Pontenova, o presidente da Asociación de Comerciantes, José Luis Balseiro, reuniuse tamén con Alén e Ribagorda. A campaña “De compras pola Mariña”, promovida pola FCAM e financiada por Comercio Galego e a Xunta de Galicia, difundirá varios vídeos nas redes sociais e na plataforma De las cosas del comer. Ribagorda percorreu estes días Foz, Lourenzá, Viveiro, Burela, Ribadeo e A Pontenova, achegándose ao comercio local e ao patrimonio natural e cultural da comarca.
O encontro principal terá lugar no comedor da carta o mércores 28 de outubro, ás 14:30 h. Ese mesmo día, ás 09:00 h, Jesús Manuel Blanco García, presidente da asociación micolóxica Os Bolouros, ofrecerá unha charla introdutoria para abrir a xornada.



