A Capitanía Marítima de Burela inspeccionou 257 buques e embarcacións españois e estranxeiros
Burela, 7 de febreiro de 2025. A Capitanía Marítima de Burela, dependente da Dirección Xeral da Mariña Mercante do Ministerio de Transportes e Movilidad Sostible, abriu en 2024 un total de 10 expedientes sancionadores a embarcacións de recreo, motos de auga, pesqueiros e mercantes por infraccións contra a seguridade marítima, na súa maioría.
Así, realizáronse 257 inspeccións a buques e embarcacións nacionais e internacionais para o control de seguridade marítima e a prevención da contaminación do medio mariño, así como inspeccións a un gran número de pesqueiros relativas ao novo convenio 188 da Organización Internacional do Traballo, que regula a protección dos dereitos dos traballadores da industria pesqueira.
Ademais, leváronse a cabo inspecciones a centros de formación marítima, empresas radio instaladoras, estacións de balsas salvavidas e exames de practicaje para os diferentes portos da provincia marítima.
Tamén dirixiu un total de 64 actuacións de emerxencias marítimas desenvolvidas polo persoal de Salvamento e Seguridade Marítima, SASEMAR. Entre elas, destaca a varada do buque mercante ALBYZ na ría de Ribadeo ou o desencallamiento do pesqueiro Novo Liberdade nunha zona de rocas e cantís nas inmediacións de Rinlo.
Xunto a estas actuacións, a capitanía desenvolveu unha intensa actividade administrativa no ano 2024, relacionada co rexistro e despacho de buques ou a xestión de títulos e certificados profesionais. En concreto, en 2024 xestionáronse un total de 1.286 despachos e máis de 5.200 enroles e desenroles nesa provincia marítima.
Estes datos despréndense do balance do ano 2024 realizado pola Capitanía Marítima de Burela, cuxas funcións son as de garantir a seguridade marítima, a prevención e loita contra a contaminación no mar e levar a cabo o control do tráfico marítimo na súa área, que inclúe os Distritos Marítimos de Viveiro e Ribadeo. O equipo está dirixido polo capitán marítimo, Jaime Augado.





















A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.
No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A saída será ás 10:00 desde El Bao, con autobuses ás 9:00 desde Navia, e a chegada arredor das 16:30 seguida dunha festa na dársena. As inscricións estarán abertas do 31 de maio ao 12 de xuño na Casa do Deporte ou en liña por 7 €. O Concello anima a participar nesta cita que combina natureza, deporte e convivencia.



