O proxecto aprobado suporá o desmantelamento de parte das instalacións existentes así como a posterior colocación doutras novas coas que se pasará de 25 aeroxeradores a 21
Santiago de Compostela, 31 de marzo de 2025. A Xunta de Galicia autorizou a repotenciación parcial dun parque eólico de preto de 18 megavatios nos concellos de Monfero (A Coruña) e Xermade (Lugo). O Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución da Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático pola que se autoriza tanto o desmantelamento de parte das instalacións actuais do parque eólico Sotavento como a construción doutras novas na contorna pasando dun total de 25 aeroxeradores a 21.
Deste xeito, a empresa promotora desmantelará seis aeroxeradores instalados neste parque -mantéñense 19-, así como as demais instalacións e infraestruturas correspondentes. En paralelo, restauraranse tanto as canalizacións como os camiños que queden sen uso.
A autorización administrativa para proceder á repotenciación do proxecto Sotavento suporá a instalación de dous novos aeroxeradores e dunha liña eléctrica soterrada. Tamén se acometerá un novo vieiro de acceso.
O futuro parque contará cun investimento total -entre o desmantelamento das instalacións actuais e a execución dos traballos para a repotenciación- de preto de 7,6 millóns de euros de execución material.
A Dirección Xeral de Enerxías Renovables e Cambio Climático está a facilitar as repotenciacións voluntarias que melloran a eficiencia dos parques actuais e reducen o seu impacto na paisaxe pois permiten reducir ata un 80% o número de aeroxeradores e aumentar un 35% a súa capacidade de produción de enerxía renovable. No último ano tramitou a repotenciación voluntaria de nove parques, que xa obtiveron a avaliación ambiental favorable, sete dos cales xa foron autorizados.



























Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



