A asociación ecoloxista ADEGA agradece a boa acollida da campaña “Xustiza para o Ulla” e anima a sociedade galega a seguir contribuíndo para levar a celulosa de Altri ao TSXG
Galiza, luns 31 de marzo de 2025. A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) celebra o éxito inicial da campaña de recadación solidaria “Xustiza para o Ulla”, cuxo propósito pasa por acadar os medios económicos necesarios que permitan defender xuridicamente o río Ulla fronte ás ameazas ambientais da macrocelulosa de Altri e a mina de Touro-O Pino. En tan só catro días desde o seu lanzamento, a campaña “Xustiza para o Ulla” logrou mobilizar máis de 10.000 €. Así, o reto de recadación activo neste momento, vinculado á loita xudicial contra Altri, superou o 25% do obxectivo mínimo fixado; e o fondo común da campaña xa superou os 1.000 euros.
Esta rápida e firme resposta cidadá evidencia a gran preocupación social polo impacto ambiental e socioeconómico que suporía a instalación da macrocelulosa de Altri en Palas de Rei; e reflicte, ademais, o compromiso da sociedade galega coa defensa dos ríos e do territorio fronte a proxectos industrais altamente contaminantes para o conxunto de Galiza. ADEGA expresa o seu fondo agradecemento a todas as persoas que ata o momento contribuíron coa campaña e fai un chamamento a seguir sumando apoios para levar o proxecto de Altri e Greenalia aos tribunais.
O primeiro reto na defensa xurídica do Ulla
A organización ecoloxista ADEGA lembra que o primeiro reto solidario desta campaña pasa por acadar 39.100 euros nun prazo de tres meses, ata o día 28 de xuño. Estes fondos permitirán a ADEGA enfrontar, con garantías económicas, técnicas e xurídicas, dous recursos contencioso-administrativos no Tribunal Superior de Xustiza de Galiza (TSXG): 1. A impugnación da Autorización Ambiental Integrada (AAI) do proxecto de Altri e Greenalia, anunciada para antes do verán, e 2. O recurso contra a denegación da solicitude de arquivo do trámite da concesión de augas, por ter excedido o prazo máximo para a súa resolución sen que esta se producise.
Se ben este é o único reto de recadación actualmente en activo, ADEGA irá lanzando novos obxectivos económicos conforme se vaian dando ou anunciando as distintas resolucións administrativas recorribles da Xunta de Galiza que sexan favorables á execución da fábrica de celulosa de Altri ou á mina de Touro-O Pino. Os custos da loita xurídica (recursos, demandas, medidas cautelares, informes periciais, eventuais caucións e/ou costas…) contra ambos os dous proxectos poden variar dependendo do número e entidade dos procedementos xudiciais que haxa que emprender nos vindeiros meses, mais se a Xunta outorga todas as autorizacións recorribles, estes poderían superar os 100.000 euros.
Doazóns e convite a outras entidades
As doazóns poden realizarse a través da páxina web da campaña: https://adega.helpbysc.com/xustizaulla; e todas as contribucións contarán con beneficios fiscais de ata o 80% na declaración do IRPF. ADEGA convida a outras entidades sociais e plataformas opostas a estes dous proxectos agresivos co territorio a participar na campaña como entidades colaboradoras, e apela a sociedade galega no seu conxunto a continuar contribuíndo ao éxito desta campaña para poñer contra as cordas da Xustiza á Xunta de Galiza e ás empresas depredadoras.



















A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.
A iniciativa forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Xacobeo 2021, financiado con fondos europeos Next Generation. No acto proxectouse o tráiler e un capítulo completo. Tras a estrea, os contidos difundiranse nas redes sociais e no YouTube municipal, e no verán organizarase un novo evento para ver a serie íntegra.
Non deben prematricularse quen continúe co mesmo instrumento nin quen opte a talleres, Música e Movemento, Pandeireta ou Instrumentos Tradicionais, que se inscribirán en setembro. As solicitudes presentaranse no rexistro do Concello ou na sede electrónica, sen garantir praza. O alumnado xa matriculado mantén a súa praza se formaliza a matrícula entre o 1 e o 9 de setembro. A Escola contactará na primeira semana de setembro para confirmar dispoñibilidade segundo o Regulamento interno.



