Os senadores -José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano- mantiveron unha reunión co alcalde das Nogais, Jesús Núñez, e portavoces dos municipios polos que discorre o río Navia na provincia de Lugo
As Nogais, 31 de marzo de 2025. Os senadores do PP lucense -José Manuel Barreiro, José Manuel Balseiro e Juan Serrano- advirten, ante a resposta oficial do Executivo ás súas preguntas, que “a Gran Senda do Navia non é prioritaria para o Goberno de Sánchez”. Así, anuncian unha proposta para instalo dende o Senado a incorporar esta senda ao programa de Caminos Naturales, executar as obras necesarias e amosar o seu apoio a esta iniciativa para a que os 16 Concellos de Lugo e Asturias polos que discorre o río veñen de asinar un convenio marco de actuación.
O alcalde das Nogais, Jesús Núñez, que foi elixido un dos catro alcaldes comisionados como directiva, os senadores, a deputada autonómica Encarna Amigo e portavoces dos municipios lucenses amosaron nunha xuntanza o seu apoio á iniciativa para habilitar unha senda peonil e cicloturista de 428 km ao longo do río Navia que atravesa16 municipios, 7 lucenses e 9 asturianos.
Núñez avoga por “conseguir que este proxecto, que leva 8 anos en marcha, sexa realidade dunha vez por todas” e explicou que “é competencia do Goberno do Estado, pero tamén buscaremos o apoio do resto de administracións”.
Despois de máis de 7 anos nos que “o Goberno de Sánchez non moveu un papel”, os senadores presentaban formalmente unha pregunta ao Executivo para coñecer as previsións que barallaba para “este proxecto de dimensión medioambiental, pero con repercusión económica e social”.
“Desgraciadamente”, segundo explicou Barreiro, “a resposta do Ministerio é desoladora porque vén a dicir que entre as prioridades que ten, non está esta senda”. De feito, cita como prioritarias a prolongación da Ruta do Cantábrico pola costa asturiana e despois pola cántabra e tamén a súa prolongación na vertente atlántica cara as Rías Baixas. Isto “confirma a falta de interese do Goberno de Sánchez que, de forma reiterada, vén manifestando en relación con esta provincia”.
“Desde o Senado seguiremos traballando” e presentaremos unha moción esixiralle ao Ministerio, aproveitando a maioría na Cámara Alta, “que a Gran Senda do Navia sexa unha realidade”.
O Grupo Popular no Parlamento de Galicia tamén defenderá o proxecto da Gran Senda do Navia e presentará unha iniciativa para o seu debate en Comisión.




















Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.



