A Mariña, 2 de abril, 2025. A CIG manifesta a súa absoluta oposición ao anuncio da dirección de Sargadelos de pechar as instalacións de Cervo e despedir a todo cadro de persoal. A central nacionalista condena a forma de actuar deste empresario, ao máis puro estilo trumpista, saltándose a lei e os dereitos das persoas traballadoras e mofándose da autoridade laboral por exercer as súas funcións de vixilancia.
Este tipo de comportamento é o que o empresario vén practicando dende a súa chegada a Sargadelos e xa se retratou co acontecido no ERE de 2010, redactado unilateralmente pola empresa e que, anos despois, a CIG conseguiu que se declarara nulo. Hoxe asistimos a unha fase superior na forma de actuar desta persoa, xa que co anuncio do peche da fábrica de Cervo pretende responder a un requirimento da Inspección de Traballo para preservar os dereitos das persoas traballadoras ante posíbeis casos de silicose.
“Estase mofando dunha cuestión tan delicada como a seguridade e a saúde das traballadoras e traballadores. E estase rindo da Inspección de Traballo por exercer o seu labor e requirir que se cumpra coa lexislación. Este empresario parece querer transmitir que ten a capacidade de prohibirlle ao seu persoal desenvolver cancro por causa das condicións laborais”, denuncia o responsábel da CIG da Mariña, Xorxe Caldeiro.
A CIG apela o propietario de Sargadelos para que retire o anuncio feito e empraza a Xunta de Galiza, como autoridade laboral competente, a que adopte as medidas oportunas para frear este atropelo. De igual xeito, a CIG exíxelle á autoridade laboral que faga valer a legalidade vixente, xa que a lexislación no Estado español non ampara un despedimento libre como o que Segismundo García anuncia.
“Advertimos que un peche patronal destas características é totalmente ilegal e que a CIG levará adiante todas as medidas que sexan precisas para impedir que esta ameaza se traduza en despedimentos arbitrarios e para que se garantan unhas condicións de traballo seguras na fábrica”, conclúe Caldeiro.




















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



