Na previa, Ángel Cobos presentará o libro ‘Memorias de un suicida’, sobre a súa experiencia como paciente con cefaleas en racimo
Burela, 2 de abril, 2025. O dúo compostelán Grampoder presentará o próximo sábado 5 de abril (CS Xebra, 22:00h) en Burela o seu terceiro LP, Amuleto. Antes do concerto, o grupo porá música incidental á presentación do libro Memorias de un suicida: un ensayo sobre el dolor, do autor compostelán Ángel Cobos, un libro no que se conta a súa experiencia como paciente con cefaleas en racimo.
Cun formato mínimo de guitarra eléctrica e batería, Le Roi e Martin Wu, ex compoñentes de The Homens, retratan de novo con melodía e furia as frustracións dunha xeración.
Aproveitando ao máximo os recursos dunha formación mínima, LeRoi (percusión, baixo) e Martin Wu (guitarras, voces) levan máis de dez anos evolucionando sobre o propio escenario. O son contido, próximo ao folk americano e ao tropicalismo, dos seus primeiros traballos deu paso en PM (2022) a un rock escuro e eléctrico. A proposta prolóngase agora con Amuleto (2024), un disco no que Grampoder afondan nas súas obsesións: o tedio vital, a traizón de baixa intensidade aos principios propios, o doloroso paso do tempo e a posición do individuo fronte a un mundo que o impulsa a unha vida irracional e insatisfactoria.
‘Memorias de un suicida’
Pola súa banda, Memorias de un suicida, de Ángel Cobos, é unha viaxe de humor negrísimo polos días interminables de quen padece cefalea en racimos, unha enfermidade que produce un sufrimento máis aló do soportable e que leva a moitos pacientes a desexar a súa propia morte. Editada este ano por Libros Suicidas, a obra repasa a modo de diario unha vida que cambia coas primeiras dores de cabeza, que pronto se converten en crises violentas e desembocan nos tratamentos máis variados, brutais e habitualmente inefectivos..



























As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
O acto está organizado pola Asociación de Irmandade Locudy, nunha proposta cultural que pon o foco na relación entre Galicia e Bretaña a través da figura de Castelao.
Era o único ocupante do vehículo. O 112 Galicia tivo coñecemento do accidente uns minutos despois das 10:00 horas deste domingo. Segundo indicou un particular, un coche caera por un desnivel duns 20 metros no quilómetro 2 da LU-P-6104. Desde a Sala de Operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Barreiros, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Trabada. Unha vez no punto, os servizos de emerxencias indicaron que había unha persoa falecida, único ocupante do vehículo, sen que nada se puidera facer por salvarlle a vida.
A cita, consolidada como un referente do verán cultural no municipio, reuniu na Praza dos Campos á formación anfitriona do encontro, a Agrupación La Sidrina, de Lugones (Asturias) e o Grupo Folklórico Estampas de México. A programación continuou o sábado coa celebración do Festival Folklórico Infantil. Villares puxo en valor o labor que o grupo Mistura desenvolve durante todo o ano na conservación e difusión do patrimonio cultural galego, así como a importancia de iniciativas coma este festival “para manter vivas as tradicións e dinamizar a vida social e cultural dos nosos concellos”.
A eucaristía, un dos actos centrais das festas patronais de Foz, continuou coa tradicional procesión e coa ofrenda floral en memoria das persoas falecidas no mar. A mandataria provincial formou parte da comitiva xunto a numerosos veciños e veciñas, visitantes, membros da corporación municipal e a pregoeira desta edición, María Nelle Castro Neira, focense moi vinculada ás festas desde a infancia.


