O Concello reforza a súa cooperación internacional e afonda na relación con Cabo Verde
Burela, 4 de abril de 2025. O Concello de Burela forma parte da delegación galega que está a participar no VI Foro Mundial de Desenvolvemento Económico Local, que se celebra en Sevilla e que reúne a máis de 3.000 asistentes de máis dun cento de países. O evento, organizado polo Fondo Andaluz de Municipios para la Solidaridad Internacional (FAMSI), céntrase en abordar os desafíos da transición dixital, social e económica desde unha perspectiva territorial.
O tenente da alcaldesa, Mario Pillado, integra a representación do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, xunto con representantes dos concellos de Nigrán, Tui e Boiro. Durante o foro, os asistentes tiveron a oportunidade de intercambiar experiencias con gobernos locais, entidades do terceiro sector e administracións rexionais e nacionais.
“Neste foro poidemos coñecer e compartir experiencias con compañeiros doutras administracións locais, rexionais e nacionais, así como con persoal de entidades do terceiro sector. É moi enriquecedor coñecer persoas de máis de 100 países que teñen entre as súas prioridades a cooperación e a solidariedade”, destacou Pillado.
A relación entre Burela e Cabo Verde tivo un especial protagonismo nesta edición do foro. A delegación galega mantivo encontros con representantes das Cámaras de Cabo Verde, incluído o presidente da federación destas entidades, así como coa secretaria de Estado de Cooperación, Eva Granados.
“Foi especialmente interesante coñecer ao persoal de diferentes Cámaras de Cabo Verde e falar coa secretaria de Estado de Cooperación, que nos trasladou o seu coñecemento sobre a estreita relación entre Burela e Cabo Verde. Isto pode supoñer un primeiro paso para establecer proxectos de cooperación”, sinalou o tenete da alcaldesa.
Ademais, os representantes galegos tamén participaron nunha reunión do Consello Confederal da Confederación de Fondos de Cooperación y Solidaridad, na que o Fondo Galego exerce a vicepresidencia. Durante a xuntanza, abordáronse propostas de colaboración co Goberno central e avanzouse na organización do 3º Encontro Estatal de Gobernos Locais e Cooperación Internacional, previsto para maio en Gandia (Valencia).
Pillado quixo destacar e agradecer “o traballo do persoal técnico do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade por facer posible a participación neste interesante foro”.






















A principal será o regreso das carrozas dos pobos o domingo 27, recuperando unha tradición histórica. O venres abrirase coa charanga e verbena; o sábado haberá sesión vermú, verbena e fogos; o domingo, música dos sesenta e setenta, desfile de carrozas e festa dos oitenta; o luns, actividades para a infancia e reparto do bollo; e o martes, misa solemne, procesión e verbena final. O Concello de El Franco destaca o labor da Sociedade de Fiestas e o valor de recuperar tradicións e avanzar cara a unhas festas máis inclusivas.
Será o sábado 26 de setembro de 20:00–22:30 no Palacio Santa Emilia de Mondoñedo. Entrada: 34,90 €, inclúe viño seleccionado e aperitivo.
Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.



