A Subdelegación do Goberno en Lugo copresidiu coa alcaldesa, Marta Rouco, a xunta de seguridade para artellar a colaboración entre os organizadores destes dous eventos e as forzas e corpos de seguridade
Lugo, 1 de abril de 2025. A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, copresidiu hoxe en Vilalba xunto á alcaldesa, Marta Rouco, a Xunta Local de Seguridade para coordinar os dispositivos especiais que se porán en marcha no FIV 2025, que terá lugar os días 25 e 26 de abril, e na XXIX Festa do Queixo San Simón da Costa, prevista para os días 5 e 6 de abril.
Rodríguez destacou a colaboración entre a Garda Civil, a Policía Local , as organizacións dos eventos e o resto de administracións implicadas para garantir o correcto desenvolvemento de ambas citas, que atraen cada ano a milleiros de persoas ao municipio. Tanto o FIV como a Festa do Queixo contarán con dispositivos de prevención reforzados que inclúen patrullas de vixilancia, controis de tráfico e unidades especializadas en seguridade cidadá.
Descenso da criminalidade en Vilalba
Na xuntanza tamén se avaliaron os datos de seguridade cidadá no municipio, que reflicten unha evolución positiva. En 2024 rexistráronse un total de 327 infraccións penais, 18 menos ca no ano anterior, o que supón un descenso do 5,2%. A taxa de criminalidade situouse no 23,71 delitos por cada mil habitantes, por debaixo da media galega e nacional.
Ademais, a Garda Civil logrou esclarecer o 45,3% dos casos e practicou 52 detencións por delitos de diversa índole. Tamén se reduciu de forma significativa o número de delitos leves, pasando de 152 en 2023 a 115 en 2024.
O Plan Director acada máis centros e estudantes
Outro dos puntos abordados foi o seguimento do Plan Director para a Convivencia e Mellora da Seguridade Escolar. No que vai de curso 2024-2025, a Garda Civil xa impartiu 18 charlas en centros educativos de Vilalba sobre ciberacoso, violencia de xénero, adiccións, igualdade ou seguridade vial, e ten previstas outras 14 a petición dos propios centros.
Compromiso co benestar e a prevención
Finalmente, Isabel Rodríguez reiterou o compromiso do Goberno de España coa seguridade e benestar da cidadanía. Tamén fixo fincapé na importancia de reforzar a prevención da violencia de xénero: en 2024 rexistráronse 17 denuncias en Vilalba. A día de hoxe, hai 32 casos activos no sistema VIOGÉN no municipio, dos cales 24 contan con medidas xudiciais en vigor.




















O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



