O voceiro popular en Ribeira de Piquín pon sobre a mesa que “a realidade é que pese a que o alcalde non se cansa de anunciar que se crean postos de traballo, a adquisición da gasolineira, a piscifactoría, a plantación de kiwis ou a granxa de porco celta non serviron para asentar poboación no municipio nin ter novos traballadores”
Lugo, 1 de abril de 2025. Os deputados do Grupo Provincial Popular acusan a José Tomé de empregar a Deputación de Lugo como fonte de financiamento para pagar os soldos de alcaldes socialistas na provincia, concretamente o do alcalde de Ribeira de Piquín, Roberto Fernández, deputado socialista na Deputación entre os anos 2019 e 2023.
O Concello de Ribeira de Piquín creou en 2021 a Fundación Terreo, un ente sen ánimo de lucro que ten como fin facer medrar a economía rural e frear a despoboación a rexión a través de proxectos acuícolas e agrarios.
O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, explica que para axudar ao Concello de Ribeira de Piquín a desenvolver as actividades e afrontar os gastos xerados na Fundación Terreo, a Deputación colabora economicamente a través de diversos convenios (en 2024 aportou 333.000€) pero a realidade é que “nin están a xerar emprego nin están a fixar poboación”.
A realidade é que entre os poucos postos de traballo, está o de xerente da Fundación, asignado ao alcalde de Ribeira de Piquín (con dedicación ao 25%) cun salario de 1.579,47€/mes (total anual de 18.953,64€) e outros na piscifactoría vinculada á Fundación.
“Vemos como o alcalde ten unha dedicación parcial no Concello ao 75%, pola que percibe 34.848€, ao que agora se engade o salario como xerente da Fundación (xa era o Presidente patrono da mesma)”, denuncia. “Deste xeito consigue sortear o tope legal que ten como alcalde en función da poboación do municipio”, afirmou.
O outro posto de traballo creado é na piscifactoría. “É curioso tamén xa que a Fundación mercou a piscifactoría ao seu propietario, persoa á que logo contrataron na mesma cunha asignación mensual”, afirmou.
Outra das metas da Fundación Terreo era fixar poboación, pero dende a súa creación Ribeira de Piquín seguiu a liña que viña experimentando, perdendo habitantes cada ano.
2014: 583 habitantes.
2015: 580 habitantes.
2016: 570 habitantes.
2017: 554 habitantes.
2018: 543 habitantes.
2019: 528 habitantes.
2020: 513 habitantes.
2021: 513 habitantes.
2022: 500 habitantes.
2023: 497 habitantes.
2024: 492 habitantes.
“Queda claro que José Tomé o que está a facer é financiar os salarios de alcaldes socialistas porque a Fundación Terreo non acadou ningunha das súas metas marcadas, nin fixaron poboación nin xeraron postos de emprego no municipio”, denunciou.
Pola súa banda, o voceiro do PP en Ribeira de Piquín, explica que “pese a que o alcalde non se cansa de falar dunha suposta creación de postos de traballo, vemos como a realidade é que a adquisición da piscifactoría, a gasolineira, a plantación de kiwis ou a granxa de porco celta non serviron para ter novos traballadores nin para asentar poboación no municipio”.




















O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



