Ribadeo, 3 de abril de 2025. O auditorio municipal Hernán Naval acolleu o evento Ribadeo 20/25 para celebrar o vinte aniversario da declaración de Ben de Interese Cultural e o vixésimo quinto da declaración de destino turístico.
Houbo amenización musical, agasallos conmemorativos así como a proxección dun vídeo con todas as potencialidades turísticas de Ribadeo.
Interviñeron no acto as concelleiras de Cultura e de Turismo, Begoña Sanjurjo e Marta Saiz, así coma os ex rexedores Balbino Pérez Vacas e José Carlos Rodríguez Andina, artífices das declaracións conseguidas hai 20 e 25 anos para Ribadeo. Ademais tivo lugar unha mesa redonda na que participaron os alcaldes dos 7 Concellos declarados Destino Turístico de Galicia hai 25 anos: A Pobra de Trives, Leiro, Monterrei, Sanxenxo, Baiona, Mondariz-Balneario e Ribadeo. Todos felicitaron ao anfitrión pola organización do acto. E cada un fixo promoción do seu municipio.
Pecharon o acto Ribadeo 20/25 o alcalde ribadense, Dani Vega, e o presidente da Xunta, Alfonso Rueda. Ao final houbo foto de familia á que se uniu o condutor do evento, o xornalista ribadense Fabián Pérez.
Veciñas e veciños de Ribadeo acudiron ao auditorio municipal esta mañá xunto a representantes dos Concellos limítrofes, da Xunta, da Deputación de Lugo, do Parlamento de Galicia, da confraría de pescadores de Ribadeo, do xulgado de paz, de Acisa Ribadeo e dos centros de ensino, entre outros.






















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



