Ribadeo, 9 de abril, 2025. O 11 de Abril conmemórase o Día Mundial do Párkinson, data do nacemento do Dr. James Parkinson. O Párkinson é a segunda causa de demencia nas persoas maiores; son máis de 8 millóns no mundo as afectadas.
O Centro de Día “A Concordia” de Ribadeo, pertencente á rede pública da Xunta de Galicia, organiza, este venres, un acto baixo o lema: “Bloqueemos o Parkinson”. (Os bloqueos son unha das afectacións máis siginificativas desta enfermidade.)
O obxectivo principal é formar e sensibilizar; contribuindo así a mellorar a calidade de vida das persoas afectadas e das súas familias e entornos.
A actividade dará comezo ás 12:00, e incluirá:
– Exposición formativa sobre signos e síntomas.
– Técnica de Relaxación Progresiva de Jacobson: identificación de sensacións e achegamento á rixidez muscular e ás súas consecuencias.
– Proxección audiovisual: Mostra de fortalezas das persoas maiores para rachar estereotipos e desestigmatizar a enfermidade do Párkinson
– Entrega de tulipáns ás persoas asistentes: Símbolo do Párkinson. En 1980 un horticultor que padecía esta enfermidade desenrolou unha variante vermella e branca e nomeouna tulipán do Dr. James Párkinson.