A alcaldesa, Dolores García Caramés, leva desde primeira hora nas instalacións da fábrica acompañando ao persoal, e mantendo encontros coa xerencia da empresa, “confiando en que se chegue a un entendemento que garanta a continuidade dunha factoría crucial para o municipio e que é un símbolo cultural de Galicia”
Cervo, 3 de abril do 2025. O Concello de Cervo acompaña nestes momentos tan difíciles aos traballadores da fábrica de Cerámica de Sargadelos logo da decisión do administrador único de pechar as instalacións, a raíz das discrepancias cun informe da Inspección de Traballo que contempla emendar unhas deficiencias que desde a xerencia ven desmedidas a tenor das particularidades do edificio e da contorna.
A alcaldesa, Dolores García Caramés, desprazouse desde primeira hora desta mañá ata a Fábrica, para estar ao carón dos traballadores nestes intres tan desconcertantes e amosarlles o seu apoio coa confianza de que as partes implicadas esgoten todas as vías de diálogo e exploren todas as alternativas posibles para que a fábrica siga producindo e os empregados poidan volver aos seus postos de traballo con todas as garantías de seguridade “tal e como aseguran que desenvolvían xa o seu traballo ata día de hoxe”.
A rexedora amosouse preocupada ante o xiro que deron os acontecementos e ante a decisión drástica tomada polo administrador co que mantivo un encontro no que puido constatar a súa vontade de seguir adiante cunha fábrica na que asegura que investiu moitos cartos e moito tempo polo que nestes momentos –engadiu- “temos que mandar unha mensaxe de confianza de que esas conversas que nos consta que se están mantendo no día de hoxe dean o seu froito para salvagardar unha empresa da que dependen moitas familias, que xera moitos postos de traballo en Cervo e en toda a bisbarra, e que ademais é todo un símbolo patrimonial de Galicia”.


























Durante o evento realizouse unha ofrenda aos mariñeiros falecidos e, seguidamente, tivo lugar a subida da imaxe da Virxe do Carme ata a Igrexa. Esta última xornada continuou cunha misa solemne, á que asistiron numerosos veciños e visitantes que se achegaron ata a localidade mariñá, seguida da procesión acompañada pola Banda Naval e de actuacións musicais. A programación completarase a partir das 17:00 horas con diferentes actividades para os máis cativos e cativas.
Estará dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, xa que neste 2026 cúmprese o centenario do nacemento de quen fora presidente do Goberno. No acto interviñeron o presidente do RCNR, Pablo Fernández, o director territorial de Deportes da Xunta, Manuel Otero, un dos fillos do tamén alcalde honorario de Ribadeo Víctor Calvo-Sotelo, e o rexedor ribadense, Dani Vega. Todos exaltaron a práctica deportiva na ría, a labor desenvolvida polo Real Club Náutico e a vinculación de Leopoldo Calvo-Sotelo co estuario. Entre o público asistente estaban máis membros da familia Calvo-Sotelo, directivos e ex directivos do RCNR, edís de Ribadeo e representantes de Acisa.
O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.



