Estarán dispoñibles os da praia de Area e a área recreativa San Roque; así como os que abren habitualmente, como os do parque Pernas Peón
Viveiro, 4 de abril de 2025. Con motivo da celebración do Día das Tortillas o domingo 6 de abril, O Concello de Viveiro informa que, durante a xornada, permanecerán abertos de xeito excepcional os aseos públicos da praia de Area e da área recreativa de San Roque. Os veciños tamén terán á súa disposición os que abren habitualmente, como os do parque Pernas Peón.
O Día das Tortillas celébrase o domingo anterior a Domingo de Ramos e, coa medida de abrir os aseos públicos, o Concello de Viveiro espera facilitar o desfrute da xornada e a comodidade dos asistentes. Tamén lembra a importancia de manter limpos os espazos naturais e de respectar as normas de convivencia.