Burela, 2 de abril, 2025. Doloroso partido para un Burela que, aínda que cunha primeira parte máis frouxa pero logrando manterse, dominou o segundo tempo con claridade aínda que non logra puntuar finalmente tras numerosísimas ocasións, moi claras, e moi boa posesión do balón. Pequenos erros e un Marcao infranqueable, condenaron a un conxunto mariñán que o volveu dar todo nesta xornada 24, importantísima para ambos plantéis, que se xogaban a salvación ante os postos de descenso, cun resultado final 3-1 para o Valdepeñas que adianta ao Burela na clasificación con 3 puntos de vantaxe.
Comezo costa arriba para o Burela cun gol no minuto un tras unha falta de Alberto despois dunha perda que lle custa o primeiro tanto ao conxunto mariñán, nun saque de falta que despista á defensa visitante e porteiro cun pase de Pol Pacheco a Solano que a mete cun disparo escorado que se coa entre Araya, Kaluza e o pau. No minuto 5 case a meten, primeiro Araya nun cara a cara co porteiro que recupera a defensa valdepeñeira e, posteriormente, R.Ribeira nunha dobre ocasión que remata nun libre indirecto por unha man. Non decae o Burela e consegue crear numerosas ocasións nos próximos minutos que poñen en apertos ao locais pero non logrando finalizar con éxito. Moito ritmo nunha trepidante primeira parte con bastante traballo para os porteiros. Despéxaa Marcao nun boísimo disparo cruzado de Rikelme nun saque de banda e salvaa Michal sacando co pé un disparo raso no minuto 12. Varias saídas con porteiro do Valdepeñas e moito xogo de balón por parte do conxunto de David Rial, manexando o balón durante estes minutos, buscando un empate que non logran materializar. Continúa mantendo a posesión o Burela, con paciencia, tentando manter o marcador e presionando ao equipo de Ciudad Real na maior medida posible. Ocasións para o Valdepeñas en contadas perdas do conxunto laranxa. Perigosos minutos 17 e 18 para o Burela, nos que os valdepeñanos atacan na área mariñá en varias ocasións non logrando traspasar á defensa aínda que creando apuros ao Burela, que so ten unha boa ocasión no 19 que se vai moi desviado pola liña de fondo. Sálvaa de milagre Araya a 40 segundos do final nun cara a cara con Michal e disparo de Saura que despexa o xogador chileno. Últimos dous intentos do Burela nos segundos finais que non logran o empate.
Continúa mantendo a posesión o Burela e provocando perigo xa dende o inicio da segunda parte. Paradón de Marcao no minuto 24 nunha boísima acción ensaiada do Burela nun saque de esquina que saca Araya a Charly que efectúa un disparo de 10 pero que consegue despexar o porteiro brasileiro. Outro paradón de Marcao dous minutos despois nunha ocasión similar á primeira, esta vez con Juninho como protagonista e volve facelo nun cara a cara con Araya que saca co peito nunha das ocasións máis clara do partido. Continúan facendo dano os mariñáns e mantendo a posesión, xerando moito ritmo. Volve despexar Marcao, esta vez por encima do traveseiro, no minuto 8 tras un bo disparo de Isma dende case media pista e outra vez tras un disparo de R. Ribeira nunha boa transición e tiro rápido. E unha vez máis Marcao, salva de novo dúas ocasións, das mellores, do encontro, de Charly, que realiza un jugadon tras un moi bo pase de Araya e disparando case desde a frontal e de novo na seguinte xogada volve despexar un disparo do xogador coruñés. Tras unha primeira parte dominada polo Burela chega o 2-0 no minuto 30, un gol de Carrasco que a coa xunto ao pau desde a área, enganando a Michal, tras un pase dende case a liña de fondo de Bynho Ferraz. Tras tentalo e non conseguir o gol, o técnico santiagués opta por sacar o porteiro-xogador, con Araya coa elástica verde, e chega o gol na primeira acción de xogo de 5. Un golazo de Juninho tras un precioso pase de Araya que a coa entre as pernas do defensa chegando ao segundo pau onde remata o xogador brasileiro, anotando o 2-1. Pero aínda que continúa dominando o encontro co xogo de 5 chega o 3-1, un gol en propia de Michal Kaluza, que desvía o balón nun disparo moi lateral de Solano, con moi mala fortuna, cara a dentro da portería.
Non logra puntuar o Burela achegándose perigosamente a postos de descenso, a un punto do Noia e Ribeira Navarra. É por iso que todos os partidos a partir de agora son importantísimos, xogándose o seguinte, nin máis nin menos, que ante o primeiro clasificado e recente campión da Copa de España, o Servigroup Peñíscola FS, este sábado ás 20.00h en Vista Alegre.
Ficha Técnica Viña Albali Valdepeñas 3-1 Burela FS
Viña Albali Valdepeñas (3): Marcao; José Mario, Boyis, Pol Pacheco, Saura -quinteto inicial-, Solano, Alberto, Lolo, Eloy Rojas, Bynho Ferraz, Carrasco, Carlos.
Burela FS (1): M.Kaluza; Araya, Isma, Alberto, Rikelme -quinteto inicial-, Pitero, Charly, Juninho, Quelle.
Goles: 1-0, min. 1: Solano. 2-0, min.31: Carrasco. 2-1, min. 36: Juninho
Árbitros: Eder Gómez de Salazar Fernández, David Urdánoz Apezteguía, Christian Castro Robledo, Juan Vicente Rodríguez Camacho.
TA: Por parte do Burela FS, David Rial e Quelle.





















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
O centro conta con espazos para forza, cardio, adestramento funcional e alta intensidade, ademais de propostas acuáticas, ciclo indoor, pilates e programas Les Mills. Dispón tamén dunha área de relax con baño de vapor, duchas especiais e hidromasaxe. O director, Javier Canel, destaca que o obxectivo é ofrecer alternativas para que cada persoa atope o tipo de exercicio que mellor se adapte ás súas necesidades. En setembro, o centro ofrece unha proba gratuíta de tres días e matrícula de balde para novas inscricións.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.


