Ribadeo, 3 de abril de 2025. Apaga organiza en Ribadeo un curso de electricidade do automóbil os días 12 e 13 de abril para o que so quedan tres prazas libres.
O presidente da Asociación de Profesores de Automoción de Galicia, Álvaro Doural, explica que “é un curso aberto ao público, a toda a xente que estea interesada no tema do automóbil. Estou a falar de afeccionados ao motor, profesores, técnicos, alumnos de formación profesional, alumnos de universidade… é un curso eminentemente práctico, con 16 horas de duración, que se vai desenvolver o 12 e o 13 de abril, sábado e domingo, en horario de 10 a 20 horas”.
Abordará cuestións coma nocións básicas de electricidade, manexo de polímetro e de osciloscopio ou trucos caseiros para localizar avarías eléctricas: “o curso está ideado para aqueles profesores que están preparando a oposición, porque son probas prácticas nas que se utilizan toda unha serie de aparatos de medida, diagnose de automóbil…”.
A inscrición está aberta ata o 9 de abril. Pódese facer a través do correo da asociación apagaribadeo@gmail.com ou ben no teléfono 639 88 49 45. O número de prazas está limitado a 8, “xa que ao ser eminentemente práctico preténdese que todo o mundo poida facer probas, empregar os equipos… esa é a filosofía de traballo e a forma de organizar este tipo de cursos que facemos desde Apaga. Aínda quedan 3 prazas libres para aproveitar esta oportunidade”, indica Doural.
O responsable de Apaga sinala que “é un tipo de curso que normalmente non hai por aí. Toda a formación soe ser online ou teórica, pero práctica podendo ver como funciona o osciloscopio, como se fai unha diagnose con equipos, con máquinas, disto non hai por aquí cerca. É unha boa oportunidade para a xente que está traballando, que queira poñerse un pouco a punto dos equipos que se están utilizando agora neste momento. Para a xente que estudando é un complemento á formación que está recibindo nos centros educativos. E logo para aqueles afeccionados aos que lles guste o mundo do motor, o mundo do vehículo, vendo que hoxe en día por pouco diñeiro se pode ter un equipo de diagnóstico, se pode ter un osciloscopio… unha persoa que sexa un pouco manitas pode facer ese tipo de traballo na súa casa. Está aberto a multitude de persoas, xente que teña vehículos de compra-venda, colle un pouco de todo, sempre preservando a calidade”.
Álvaro Doural subliña o prestixio do ponente: “ten un prestixio importante, é un docente, pero cunha grande experiencia en impartir formación continua tanto a profesores como a persoal técnico de empresas”.






















Ás 16 horas deste mércores, o 112 Galicia tivo constancia dunha saída de vía a través do sistema de aviso e-Call do vehículo accidentado. Ocorreu no quilómetro 6 da LU-861, á altura de Santaballa. O propio implicado explicou nese momento que precisaba axuda para saír do vehículo. Nada máis ter constancia, os xestores do 112 Galicia solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil de Tráfico, Bombeiros de Vilalba e servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros axudaron a retirar á persoa do vehículo, mais non foi necesario excarcerar.
A partir das 12:00 horas poranse á venda 10.000 abonos ao prezo mínimo garantido, dispoñibles exclusivamente na web oficial do festival. Os prezos serán de 195 € para o abono normal e 295 € para o Pandemonium, con opción de incluír camiseta. A organización recomenda acceder puntualmente á cola virtual e lembra que as entradas deben adquirirse só por canles oficiais para evitar falsificacións. O Resurrection Fest volverá reunir miles de asistentes en Viveiro nunha das grandes citas musicais do verán.
O programa inclúe unha actuación vermú de A Requinta de Lampai ás 14:00, un obradoiro de baile tradicional ás 17:30, os cantos de taberna polos bares a partir das 20:00, pinchos para os grupos participantes ás 22:30 e unha foliada aberta ás 23:30. Os grupos interesados poden inscribirse no 605582624.
A xornada incluirá feira de artesanía desde as 11:30, inauguración ás 12:30 e xantar popular ás 14:45, con tickets dispoñibles ata o 9 de setembro. Haberá showcookings, degustacións, pasarrúas, xogos tradicionais, concentración de Vespas e demostracións de oficios. A organización espera repetir o éxito da última edición, na que se serviron uns 800 pratos.
O delegado territorial da Xunta en Lugo participou este martes nos actos programados con motivo da festividade da Patroa de Ribadeo, Santa María do Campo.
Destacou o apoio da Deputación ao sector primario a través da Granxa Gayoso Castro, centro de referencia en recría, formación e innovación. O evento, organizado pola Asociación Pura Raza Cabalo Galego, incluíu o concurso morfolóxico de distintas categorías —ponis, cabalos do país, cruzados, percheróns, Pura Raza Galega e andadura serrada e chapeada— e unha exhibición de doma de alta escola con eguas de pura raza galega.



