Ademais, na sesión plenaria, os socialistas de Mondoñedo tamén apoiaron unha Declaración Institucional para demandar e comprometer a tódalas institucións, organismos e entidades implicadas para atopar unha solución urxente ao problema das inundacións en Santa María Maior
Mondoñedo, 3 de abril de 2025. Os Socialistas de Mondoñedo emprazan ao PP a arranxar de xeito urxente a Ponte de Arco en Masma, antes de que a caia ao río. Na sesión plenaria celebrada o pasado mes de marzo, a primeira que se convoca dende fai 4 meses, presentaron un rogo para que o Concello inste ás entidades competentes si fora o caso, a darlle unha solución a este ponte que esta a piques de caer, e leva así nesta situación, case 5 anos. Actualmente segue deteriorándose e provocando moitos prexuízos á veciñanza desta parroquia, xa que non poden circular vehículos pola mesma.
Solución urxente en Santa Maria Maior
Ademais, nesta mesma sesión plenaria os socialistas de Mondoñedo tamén apoiaron unha Declaración Institucional para demandar e comprometer a tódalas institucións, organismos e entidades implicadas para atopar unha solución urxente ao problema das inundacións en Santa María Maior. “A veciñanza desta parroquia merece respostas e solucións, por iso é prioritario que tódolos axentes e administracións implicados traballen xuntos para solventar os problemas de escorrentias nesta parroquia, e que afecta gravemente a varias vivendas”, remarcan.
Queixas dos camiños municipais en Argomoso
Dende o PSdeG tamén se interesaron polas obras que se están realizando na parroquia de Argomoso. “Xa que recibimos queixas dos veciños de como se estaban a executar estes arranxos, concretamente no barrio de Sopena, onde se botou unha capa de riego asfáltico, evidenciando o mal estado do firme, e deixando a estrada case como estaba inicialmente, é dicir como senón fixeran nada de nada”. Ademais no barrio de Escourido, onde tamén viven varias familias, quéixanse de que polo de agora o Concello non vai arranxar os camiños municipais por esta zona, “e os veciños advirten que dentro de pouco non van poder transitar por estes viais municipais do mal que están”, insisten.
Limpeza da Escola de Musica e arranxo en San Roque
Nos rogos, os socialistas de Mondoñedo demandaron a limpeza do edificio da Escola de Musica Municipal, “xa que leva moito tempo sen realizarse unha limpeza en profundidade neste centro educativo”. Tamén solicitaron que se recoloquen as pedras que hai tiradas no chan ao carón da igrexa de San Roque, “que dan unha imaxe de abandono e suciedade neste entorno”.
Os socialistas tamén preguntaron pola situación na que se atopa o PEPRICH, e si existe polo de agora algún informe desfavorable?. “Dende o PSdeG temos constancia de que hai dous informes en contra, e que segundo nos comunicaron estanse solventando. E sobre a situación na que se atopa explicaron que aínda queda unha segunda ronda de avisos de comunicacións aos interesados”.
Ademais, os socialistas de Mondoñedo reclamaron explicacións sobre o funcionamento da biblioteca Municipal Peña Trapero. Xa que lembran que esta sede atopase dentro da Rede de Bibliotecas Públicas de Galicia. “Unha plataforma que permite desfrutar aos seus usuarios de publicacións de toda a rede de Galicia, e que actualmente non se atopan na nosa biblioteca municipal. Pero polo de agora, os mindonienses non poden desfrutar destas ventaxas, xa que na Biblioteca de Mondoñedo non hai habilitado os equipamentos informáticos necesarios para poder recibir estas novas publicacións”, sinalan.
Pago de factura do ano 2022
Por último, dende o PSdeG-PSOE de Mondoñedo tamén reclamaron explicacións sobre un recurso contencioso-administrativo dunha empresa, con sede en Lugo, contra Concello de Mondoñedo relacionada cunha reclamación administrativa de 1.023 euros, realizada o 10 de xuño de 2022. Tal como consta na documentación foi destinada á compra dunhas bolsas de algodón, sendo xestionada esta compra por Elena Candia. Segundo confirmou o Alcalde, Manuel Otero, nesta sesión plenaria, xa se realizou o pago desta factura no mes de decembro de 2024, e non se fixo antes “porque non había contratación”.




















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



