O acto de inauguración contou coa presenza do alcalde, Dani Vega, que destacou que “Ribadeo segue traballando para ser sede de moitos cogresos, algo que contribúe á desestacionalización do turismo e a posicionar o nome de Ribadeo na celebración deste tipo de eventos”. A xuntanza do Rotary desenvólvese no Salón dos Alcaldes do Concello de Ribadeo.
