O conselleiro do Mar pregoou a XXII Festa do Berberecho de Foz
Foz, 26 de abril de 2025. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, defende que a calidade e o sabor do berberecho das rías galegas sitúan a Galicia como unha das comunidades costeiras máis representantes de Europa na súa produción, representando a unha actividade liderada polas súas mulleres mariscadoras que traballan as zonas intermareais con artes de pesca artesanais e sostibles co medio mariño. En 2024, a primeira venda de berberecho de acuicultura de Galicia chegou a 56.310 quilos, alcanzando un valor de 339.489 euros. No caso das transacións nas lonxas, estas cifras eleváronse o pasado ano aos 440.000 quilos e a un volume de negocio superior aos 3 millóns de euros.
Con esta reflexión, o responsable autonómico pregoou a XXIII edición da Festa do Berberecho, organizada polo Concello de Foz, en colaboración coa Xunta, o IES, ACIA e Sanbet Axencia, e onde puxo o foco na importancia de incentivar o consumo de peixe e marisco pois, no caso do molusco bivalvo exaltado hoxe, contén propiedades antioxidantes, cunha variedade de vitaminas do grupo B e minerais, ademais de ácidos graxos omega-3, beneficiosos para a saúde cardiovascular e cerebral e un baixo contido calórico.
Apoio aos traballadores do mar
Villares expresou a súa gratitude por oficiar o pregón desta cita gastronómica consolidada, xa que contribúe a por en valor o labor dos traballadores do mar, un colectivo co que a Administración autonómica traballa man a man buscando a mellor defensa dos seus intereses, e que aposta pola pesca sostible, superando retos como o cambio climático ou a competencia globalizada.
Pero tamén representa a unha actividade artesanal á que se unen novas técnicas de semente para garantir a sustentabilidade do recurso e loitar contra as mareas vermellas ou os parásitos, e novos métodos de repoboación apoiados pola investigación científica para mitigar os seus efectos adversos e preservar as poboacións e os seus medios naturais.
Epicentro gastronómico
O pregón de Alfonso Villares foi un dos atractivos do amplo programa deste festexo que, grazas á colaboración público-privada, converte a Foz durante esta fin de semana no epicentro da gastronomía do mar galego. E é que esta ría foi durante décadas a principal produtora de berberecho do país.





















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



