Burela, 15 de maio de 2025. A Asociación Esperanza de loita e apoio contra o cancro organiza para este vindeiro sábado, 17 de maio, unha xornada de confraternidade que comezará ás doce do mediodía cunha misa na igrexia cantada polo Coro Parroquial e que incluirá unha ofrenda floral.
Ás dúas da tarde haberá un xantar de confraternidade no Palacio de Cristal. Ao remate da mesma, Esperanza faralle entrega a “Somos unidos por el cáncer” dun donativo de 2.000,00 euros.
De contado, terá lugar unha charla/coloquio informativa por parte de membros da directiva de “Sumos unidos por el cáncer”, na que explicarán aspectos relacionados coa súa actividade e cos problemas que se atopan os pacientes oncolóxicos e as súas familias á hora de teren que desprazarse para recibir diversos tratamentos farmacolóxicos.
O donativo a este colectivo lucense de ámbito provincial súmase ao que Esperanza fixo ao proxecto ZebraGlio2020 por importe de 3.000,00 euros, e aos que o colectivo entregará durante o presente ano 2025, sumando entre todos un total de 8.500,00 euros.
A directiva do colectivo burelés quere agradecer a participación de todas as personas asistentes a esta xornada de confraternidade, e trasladarlle ao conxunto de asociados, personas colaboradoras e veciñanza en xeral o recoñecemento da súa colaboración e aportacións para poder realizar os donativos anuais que o colectivo fai a entidades e proxectos que traballan na prevención, diagnóstico, tratamento e seguemento do cancro e das persoas enferemas, así como de apoio ás familias dos mesmos, así como o apoio a todas actividades organizadas desde Esperanza.