Na iniciativa, promovida pola Xunta de Galicia, haberá música a cargo de Amigos do Folk e postos de venta efémeros
Viveiro, 29 de maio de 2025. A Praza de Abastos de Viveiro será escenario o sábado 31 de maio pola mañá do Día dos Mercados, unha iniciativa posta en marcha pola Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia que ten como fin poñer en valor a compra local e a profesionalidade dos praceiros e praceiras, así como incentivar o consumo dos produtos frescos.
No Día dos Mercados, a Praza de Abastos de Viveiro contará con postos de venda efémeros e con música a cargo de Amigos do Folk.
A dinamización da Praza de Abastos de Viveiro é unha das prioridades do equipo de Goberno do Concello de Viveiro. De feito, foi concedida unha axuda de 47.702,40 euros da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración da Xunta de Galicia para redactar o proxecto do espazo, a dirección de obra e actividades de formación.