Dentro da programación inclúense encontros xuvenís, unha presentación literaria, a proxección dun documental, teatro infantil e o XV Encontro de Palilleiras
Burela, 13 de maio de 2025. O Concello de Burela prepara unha programación cultural especial con motivo do Día das Letras Galegas, que se celebrará entre o xoves 15 e o sábado 17 de maio. As actividades abranguen encontros dirixidos á mocidade, unha presentación literaria, unha proxección audiovisual, teatro infantil e unha nova edición do Encontro de Palilleiras.
“O noso obxectivo foi deseñar unha programación diversa, que mestura tradición e creatividade, e que conecta co público de todas as idades. Dende a mocidade ata as persoas maiores, todas teñen espazo nesta fin de semana pensada para poñer en valor a nosa lingua e a nosa cultura”, sinalou a concelleira de Cultura, Lina Gómez.
Para comenzar, o xoves 15 de maio, ás 17:30 horas, a Casa da Xuventude acollerá unha sesión do Grupo de Participación Adolescente (GPA), na que os mozos e mozas participantes abordarán a conmemoración das Letras Galegas, afondando na figura das cantareiras e na súa importancia na preservación da poesía e a música popular galega.
O venres 16 de maio ás 12:00 horas, na Moncloa, celebrarase a presentación do libro ‘Beixos gallados’ de Paco Rivas, filólogo e escritor natural de Cervo cunha ampla traxectoria na creación poética, narrativa e traballos lexicográficos sobre o galego e a cultura mariñeira. A concelleira Lina confirmou a súa presenza no acto: “É un orgullo poder acompañar a Paco Rivas nesta presentación, que representa tamén unha homenaxe ao noso patrimonio lingüístico e mariñeiro”.
Ese mesmo día, ás 20:00 horas na Casa da Cultura, proxectarase o documental ‘Lévame a idea’ de Navíos e folerpas, centrado na contribución das mulleres á música de tradición oral en Galicia. O filme analiza tamén a presenza do machismo na cultura popular e recolle o recoñecemento da Real Academia Galega a diversas tocadoras homenaxeadas en 2025: Eva Castiñeira, Adolfina e Rosa Casás, Prudencia e Asunción Garrido, e Manuela Luma.
Xa o sábado 17 de maio terá lugar no porto de Burela o XV Encontro de Palilleiras, organizado pola asociación As Encaixeiras en colaboración co Concello. O evento desenvolverase en horario de mañá (10:30 a 14:00) e tarde (16:00 a 19:00), con demostracións de encaixe, sorteos, actividades infantís como globoflexia e pintacaras, visitas culturais, degustacións gastronómicas e un obradoiro a cargo da artesá Marisa Hermida, con prazas limitadas.
Tamén o sábado, para pechar esta finde, ás 18:00 horas na Casa da Cultura, representarase o espectáculo infantil ‘Os contos do Lobicán’, unha obra de monicreques en verso dirixida a nenos e nenas de 3 a 8 anos. A historia, protagonizada por Lobicán, un animaliño curioso, e unha nena chamada Xiana, ofrece unha reinterpretación dos contos clásicos e promove valores como a amizade, a cooperación e o respecto pola natureza. A entrada terá un custo de 3 euros e poderá adquirirse desde media hora antes do inicio da función.
Ademais, ao longo da semana tamén se instalarán novos buzóns de intercambio de lectura, como o que xa existe no Parque Rosalía. Estarán situados no Parque do Hospital e nas praias Urbana e Marosa, como unha forma máis de fomentar o hábito lector e o acceso libre á cultura.
“Convidamos a toda a veciñanza e visitantes a participar destas actividades, a celebrar con nós o orgullo de ser galegas e galegos e a seguir facendo da cultura en galego algo vivo e compartido”, concluíu a concelleira de Cultura.




















Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándio Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.
O distintivo, concedido por ADEAC, recoñece a excelencia ambiental e a xestión sostible do territorio.En 2026 o programa acada cifras récord, con máis de 1.200 km de sendeiros en 154 municipios. A senda franquía destaca pola súa calidade paisaxística e ambiental, ao unir Castello e Porcía a través de acantilados, praias e espazos de alto valor ecolóxico. Este recoñecemento reforza o compromiso de El Franco cun modelo que combina conservación, educación ambiental e turismo sostible, situando o concello na rede estatal de itinerarios de excelencia. A entrega oficial das bandeiras será o 6 de marzo no Castelo de Cullera.
Sinalaron que conta cunha Indicación Xeográfica Protexida con case 70 hectáreas cultivadas, 194 produtores e máis de 215.000 kg certificados en 2025, cun valor superior aos 430.000 euros. Tamén subliñaron que forma parte dos 36 selos de calidade de Galicia e que festas como esta dinamizan o rural e favorecen a venda directa entre produtores e consumidores.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



