Ribadeo, 28 de maio de 2025. O Salón dos Alcaldes acolleu a entrega de premios do concurso Obxectivo Igualdade 2025.
A concelleira de Igualdade, Begoña Sanjurjo, tivo palabras de agradecemento para todas as persoas participantes: “grazas a todas as persoas participantes polo seu compromiso coa igualdade e grazas a Cris Andina e a Elisa Vecino pola súa axuda e colaboración”. E engadiu: “felicidades aos gañadores deste concurso Obxectivo Igualdade 2025”.
O xurado do certame acordou outorgar os seguintes premios:
Categoría A (12 a 17 anos):
Sofía Rodríguez Zambrano coa obra Mi papá en igualdad
Categoría B (maiores de 18 anos):
Marco Tripiana González , coa obra O trazo da igualdade
A Categoría C, destinada a centros de ensino quedou deserta, ao non presentarse propostas.