Foz, 10 de maio de 2025. O Concello de Foz anuncia que este vindeiro luns, día 12, haberá interrupcións de tráfico en Cordido, na LU-P-6303, e no núcleo urbano na rúa de Cervantes e na Avenida de Viveiro, por obras de mellora de firme.
“Pedimos desculpas aos veciños: as obras son incómodas e a pasada semana houbo cortes en distintas rúas do pobo. Renovamos por completo o firme das rúas Mijail Gorbachov e Corporacións Municipais grazas á Deputación de Lugo. Con cargo ao Plan Deputación aglomeramos en quente o camiño do Muíño en Vilaxoane e a intersección de Illa Nova con rúa de Sarria, obras contratadas polo Concello, así como a reposición de bolardos na Avenida da Mariña; a vindeira semana retomaranse os traballos de pintado. Tamén se fresou e aglomerou no entorno do porto de Foz, despois das obras de execución da canalización de impulsión da nova EDAR”, explica o alcalde, que engade: “a estrada LU-P-6303 entre Moucide e Cordido, na que xa se limparon as marxes, vaise cortar por completo durante a extensión da nova capa de firme. Desde o Concello informamos ao CEIP Fondo Nois, para evitar problemas co transporte escolar”.
Fran Cajoto anuncia tamén que “en función da evolución dos traballos, a vindeira semana prevese limpar as marxes na subida ao Bispo Santo e na estrada á Basílica de San Martiño, na que xa se arranxou unha bionda e se dispuxo unha nova barreira nunha curva perigosa. Outros traballos que poderán iniciarse na vindeira semana é a mellora de firme na zona da Rapadoira, entre Mariñeiro Chila e Rego de Foz, e entre a Fonte de Marzán e o Cristo. O luns comezarán tamén os traballos de reposición de firme na rúa de Cervantes e Avenida de Viveiro, que se levarán a cabo con tráfico alternativo por un dos carrís. Rogamos a todas e todos que extremen a precaución na zona de obras e que atendan ás indicacións. Quero dar as grazas a todas e todos pola súa colaboración”.























Unha iniciativa destinada "a expresar apoio, afecto e solidariedade con Ceuta". A concentración terá lugar diante da Casa do Concello.
O Concello destacou que esta primeira edición nace para impulsar a creación literaria e manter vivo o legado de Manuel García-Galano. A obra gañadora, definida pola autora como unha historia de suspense psicolóxico sobre amizade, lealdade e segredos, engádese á programación cultural da XXXIII Feira Campomar. Con este premio, o concello inicia unha traxectoria destinada a honrar a figura do escritor a través da literatura.
Villares felicitou á entidade lucense polos éxitos acadados na última tempada e puxo en valor “o traballo e dedicación dos nadadores e nadadoras e o esforzo do equipo técnico” do club. Recalcou en especial o impulso ao deporte base dende idades moi temperás, en liña coa aposta da Xunta por fomentar a actividade física entre os nenos e nenas con accións como o programa de deporte escolar Xogade, que no curso pasado chegou case ao 60% do alumnado galego.
A convocatoria enmárcase na iniciativa promovida pola FEMP para trasladar desde as entidades locais o seu apoio e solidariedade coa Cidade Autónoma de Ceuta. Deste xeito, Viveiro únese á convocatoria xunto con concellos de todo o territorio, amosando o seu respaldo institucional á Cidade Autónoma.
A obra premiada aborda a emigración galega desde unha voz feminina, e o pregón destacou o traballo colectivo e a transmisión entre xeracións dentro da Banda. Con este acto, o Concello dá inicio a unha programación festiva que nos próximos días combinará tradición, cultura, deporte e música para todos os públicos.
Durante esas xornadas realizaranse estudos xeotécnicos imprescindibles para planificar correctamente as actuacións previstas, o que require que a maquinaria e o persoal traballen directamente sobre a infraestrutura, impedindo o paso de vehículos. Recoméndase ás persoas usuarias empregar rutas alternativas durante o corte, que só permitirá o acceso ás dúas vivendas situadas na Barxa. O Concello pide desculpas polas molestias e agradece a colaboración da veciñanza.
Afirman que os accesos ao Campo da Festa resultan moi dificultosos, especialmente para persoas con carriños de nenos ou cadeiras de rodas. Critican que a obra se trasladase a esta zona xusto antes das festas, deixando outros tramos a medio facer e sen ter en conta as necesidades dun barrio que consideran “marxinado”. Sinalan tamén á alcaldesa como responsable de evitar esta situación. A veciñanza esixe un arranxo inmediato do acceso, aínda que sexa provisional, e a instalación dunha sinal luminosa na alambrada situada ao final da obra.



