Foi cunha visita a unha casa tradicional na Madanela, con demostración do funcionamento dun muíño de auga incluído, e cunha merenda. Foi unha excelente ocasión para que persoas doutras terras que, ou ben están de paso por Ribadeo, ou xa se estableceron na Mariña, puideran coñecer un pouco máis dos nosos costumes, apeiros de labranza, organización do territorio, etc. Como non podía ser menos neste ano dedicado as cantareiras, dedicamos una parte da tardiña a dar vida a cantigas populares, que durante o curso comentaron nas aulas de galego.
