Foz, 8 de maio de 2025. Foz acollerá un Sparring Day de Kickboxing, que se celebrará no Campo da Cabana o día 17 de maio, sábado, en xornada de mañá. Está organizado polo club Foz Contact Ari coa colaboración do Concello focego.
Este evento foi presentado polo alcalde de Foz, Fran Cajoto; o concelleiro de Deportes, Ángel Fernández; e a presidenta do club Foz Contact Ari, Vanesa Ares.
O edil delegado de Deportes anima a “achegarse polo Campo da Cabana para desfrutar dunha xornada de sparring, xa que será un espectáculo por celebrarse ó aire libre e nunha fermosa contorna. Dende o Concello de Foz queremos agradecer a Vanesa Ares a súa implicación por dar a coñecer este deporte, que está tendo boa acollida”.