A subdelegada inaugurou a sesión impartida pola delegada da Axencia Tributaria en Lugo, Elena Rosendo
Lugo, 19 de maio de 2025. A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, sinalou hoxe o compromiso do Goberno de España coa independencia económica das mulleres e a loita contra todo tipo de violencias machistas, con motivo dunha charla organizada na Subdelegación sobre a prevención da violencia económica.
Isabel Rodríguez interveu xunto á delegada da Axencia Tributaria en Lugo, Elena Rosendo, quen abordou os riscos do control financeiro para as mulleres e analizou os seus efectos no ámbito fiscal.
“Dentro das múltiples manifestacións da violencia de xénero, a violencia económica é en moitas ocasións invisible e, por tanto, pouco investigada”, explicou a subdelegada, incidindo en que “privar á muller dos recursos necesarios para o seu benestar físico ou psicolóxico é violencia”.
No transcurso da ponencia, expuxéronse os riscos predominantes para as mulleres vítimas, agrupados en tres categorías: IRPF, fase recadadora e procesos de identificación electrónica.
A sesión formou parte das actividades organizadas pola Subdelegación do Goberno en Lugo con motivo da Semana da Administración Aberta, que contará tamén con dúas xornadas de portas abertas que terán lugar o martes e o venres.
A subdelegada incidiu no obxectivo do Goberno de reforzar a administración con ferramentas que axuden á prevención e permitan atender as necesidades das mulleres vítimas de todo tipo de violencias para avanzar con firmeza ata alcanzar a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes.




















A cita é este sábado, 23 de agosto, ás 20 horas na Casa da Cultura que leva o seu nome. Haberá lecturas dramatizadas e as actuacións musicais de: Miro Casabella, Ugía Pedreira e Mano Panforreteiro.
Unha selección de obras cheas de cor, creatividade e expresividade de Xosé López Losada "Xolo". Unha viaxe artística a través de máis de 70 cadros, onde cada peza conta a súa propia historia. Poderá visitarse ata o 30 de setembro.
Sufriu queimaduras e precisou asistencia sanitaria. No interior das instalacións hai herba seca acumulada, así como un vehículo agrícola, e nestes momentos os medios traballan para atallar as lapas. Foi un particular quen alertou ao 112 Galicia dos feitos, minutos antes das 13 horas deste luns: vía moito fume no lugar de Cordeiro, na parroquia de Álvare. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Vilalba, do GES da Pontenova e dos axentes da Garda Civil. Neste intre, os servizos de emerxencias confirmaron que só ardían estas instalacións e traballan para apagar o lume.
Os actos contaron coa participación do director xeral da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles, que pasou polo Concello, onde asinou no libro de honra. O alcalde, Dani Vega, concelleiras e concelleiros así como representantes de institucións e colectivos sociais (Aduanas, Acisa, Real Club Náutico de Ribadeo, Xuíz de Paz suplente, xefe da Policía Local) participaron nesta xornada de celebración que continuará pola tarde e pola noite con diversas propostas musicais.
Houbo intervencións do crítico literario Ángel Basanta e dos escritores Francisco Álvarez Koki e Xosé Manuel Malheiro, que glosaron a súa traxectoria como ensinante e renovador pedagóxico desde o Seminario de Mondoñedo ata as universidades neoiorquinas onde fundou o programa cultura e educativo Solidaridad Humana para formar emigrantes. A homenaxe, que contou coa presenza da familia, completarase coa inauguración da rúa Dino Pacio Lindín, unha das vias laterais á Praza e a Casa do Concello, un recoñecemento impulsado pola comunidade de montes Coto das Louseiras de Xemil. A área de Cultura colaborou na edición, en 2021, do libro "Dino Pacio Lindín, o guía dunha vangarda cultural", coordinado por Manuel Rivas García, con textos de antigos alumnos e amizades do sociólogo pastoricense.
Posteriormente, tivo lugar o xantar anual habitual, propio da xornada asamblearia no restaurante Náutico de Ribadeo. Como xa é tradicional na asociación, "o noso propósito radica no fomento e práctica das xuntanzas gatronómicas polos locais de restauración da bisbarra entre os nosos asociados, favorecendo o consumo dos productos locais ou do país e a cociña tradicional na elaboración e degustación dos mesmos; así mesmo levar o bo nome do Valadouro por tódolos lugares polos que imos, como vimos facendo dende a nosa fundación, aló polo ano 1992".
Ducias de persoas gozaron das versións dos 70, dos 80 e dos 90 ofrecidas por este quinteto chegado de Boiro. E tamén iniciou a súa andaina a ruleta da sorte de Acisa. Moitos foron os afortunados que marcharon para a casa con camisetas, mochilas, bolsas, paraugas, tazas ou botellas. O vindeiro Xoves Aberto será o 21 de agosto. Esta nova campaña de Acisa Ribadeo inclúe Mercados de Rúa, actividades multiaventura e o sorteo dunhas vacacións a Gran Canaria, que terá lugar o 31 de agosto no Cantón dos Moreno a partir das 21:00 horas.



