«É lamentable, irresponsable e infantil que unha alcaldesa que estivo rexentando un Concello como o de Viveiro durante máis dunha década non se dea conta de que lle fan un requirimento», argumentou, en referencia á petición de Augas de Galicia para desbloquear o proxecto da Xunqueira
Viveiro, 15 de maio de 2025. O Concello de Viveiro levou ao pleno desta semana a expropiación forzosa das parcelas da área da Xunqueira con motivo do proxecto construtivo de melloras estruturais para minimizar o risco de inundacións no río Fontecova. Este proxecto, segundo explicou a alcaldesa Mariña Gueimunde, estaba paralizado desde o 13 de novembro, data desde a que o Concello de Viveiro –entón gobernado polo bipartito do PSOE e do BNG– non fixera nada referente ao denominado plan de Melloras estruturais para a reducción do risco de inundación da ARPSI fluvial ES014-LU-170101 Río Fontecova. Viveiro (Lugo).
O mencionado 13 de novembro, Augas de Galicia requirira ao Concello de Viveiro que remitise o certificado do pleno do Concello no que se adoitaran a conformidade co proxecto da obra e o compromiso de recibir as obras e asumir o seu mantemento e conservación; tamén, a certificación acreditativa da dispoñibilidade dos terreos que o Concello poría a disposición de Augas de Galicia para a súa expropiación, e a certificación acreditativa do resultado do proceso de información pública e, no seu caso, do informe da contestación ás alegacións presentadas. Pero o anterior equipo de Goberno non enviou a documentación solicitada.
Para xustificar a neglixencia, o PSOE de Viveiro escudouse en que «o expediente non estivo paralizado e Augas de Galicia non volveu reclamar nin demandar a documentación pendente». Mariña Gueimunde lamentou que «o convenio do proxecto da Xunqueira asinouno a alcaldesa, que debería saber desde o primeiro minuto cales eran as súas obrigas e as tramitacións que se deberían levar a cabo desde o Concello». «O requirimento enviado o ano pasado estaba dirixido á alcaldesa de Viveiro, que naquel intre era a señora Loureiro. E é lamentable que unha alcaldesa pense que, despois de asinar un convenio, polo seu esquecemento, vanlle volver a requirir», engadiu.
Máis grave é que, segundo manifestou de xeito contraditorio o PSOE de Viveiro, «Augas de Galicia remitiu un requirimento que, por un erro interno, non se rexistrou nin en Alcaldía nin en Secretaría, motivo polo cal o goberno municipal non tivo coñecemento do mesmo». Ao respecto desta acusación, Mariña Gueimunde puntualizou que «é lamentable, irresponsable e infantil que unha alcaldesa que estivo rexentando un Concello como o de Viveiro durante máis dunha década non se dea conta de que lle fan un requirimento. É un sinal claro de que non está cumprindo coas obrigas dun convenio que ela mesma asinara. É desolador que a señora Loureiro ataque aos funcionarios para xustificar a súa propia neglixencia».
Mariña Gueimunde explicou que «cando algo chega por rexistro ao Concello de Viveiro, derívase aos departamentos correspondentes. Este, en concreto, derivouse aos de Medio Ambiente e Obras, nos que deducimos que Míriam Bermúdez, que era a socia de María Loureiro no goberno, tampouco se decatou de que chegara o requirimento ou, como a comunicación entre elas non era fluída, non falaron do tema. E os prexudicados foron, unha vez máis, os veciños de Viveiro».
A alcaldesa Mariña Gueimunde lembroulle a María Loureiro que, para coñecer a evolución dos proxectos, «non hai nada máis que navegar nos expedientes. Cando un entra na plataforma que nós utilizamos, tense acceso a eles. Podería ter información deste en concreto só con teclear “Fontecova Xunqueira”. Pero, insisto, agora queren responsabilizar aos funcionarios, cando son elas dúas, a señora Bermúdez e a señora Loureiro, as que teñen a responsabilidade política e as que se agochan detrás de escusas baleiras para xustificar a súa apatía e inacción».


















Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándio Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.
O distintivo, concedido por ADEAC, recoñece a excelencia ambiental e a xestión sostible do territorio.En 2026 o programa acada cifras récord, con máis de 1.200 km de sendeiros en 154 municipios. A senda franquía destaca pola súa calidade paisaxística e ambiental, ao unir Castello e Porcía a través de acantilados, praias e espazos de alto valor ecolóxico. Este recoñecemento reforza o compromiso de El Franco cun modelo que combina conservación, educación ambiental e turismo sostible, situando o concello na rede estatal de itinerarios de excelencia. A entrega oficial das bandeiras será o 6 de marzo no Castelo de Cullera.
Sinalaron que conta cunha Indicación Xeográfica Protexida con case 70 hectáreas cultivadas, 194 produtores e máis de 215.000 kg certificados en 2025, cun valor superior aos 430.000 euros. Tamén subliñaron que forma parte dos 36 selos de calidade de Galicia e que festas como esta dinamizan o rural e favorecen a venda directa entre produtores e consumidores.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.



