Foz, 21 de maio de 2025. A conselleira de Política Social, Fabiola García, en resposta a unha pregunta parlamentaria da deputada socialista Lara Méndez, rexeitou de novo reunirse co Concello de Foz aducindo que “o alcalde xa se reuniu co xerente do consorcio”.
O alcalde de Foz, Fran Cajoto, que estivo presente na tribuna do Parlamento de Galicia xunto á primeira tenente de alcalde, Inés López Couto, e a concelleira de Asuntos Sociais de Foz, Ana Rojo, tachou a actitude da conselleira “de insensible, cruel e soberbia. Na política non todo son fotos, inauguracións ou convenios con compañeiros do Partido Popular. Hai que abordar os problemas e máis nunha consellería como Política Social, a máis importante de todas, da que depende directamente o benestar das persoas. A conselleira abandona aos maiores de Foz, adebeda anualmente máis de 700.000 euros ao Concello e como quen oe chover. Se o tempo que gasta en insultarnos o dedicara a traballar, xa nos teriamos reunido dez veces. Esta semana teño reunión con dous conselleiros, por contra a titular da Consellería de Política Social sigue boicoteando a este concello e negando unha reunión desde o ano 2022. Creo que queda retratado o perfil desta persoa: xa é hora de que o presidente da Xunta a chame a contas”.