O Xebra! foi inaugurado en 2013 durante as festas patronais. Ano a ano, a axenda da asociación complementou cos seus concertos a programación dos días grandes da vila. Desta volta, o evento chega a unha cifra especial. Celebraranse os doce anos cun cartaz cunha pinchada colectiva das socias e os concertos do dúo punk Pladür e o DJ Signora Anido. A entrada do venres será de 2€ para socias e 3€ para non socias, mentres que a do sábado será de 8 e 10 euros, respectivamente. O local abrirá a partir das 22:30 horas.
