Ribadeo, 13 de maio de 2025. O estadio municipal Pepe Barrera acollerá este sábado, 17 de maio, o 1º Trofeo de Veteranos Illa Pancha, que organiza o Rayo de Ribadeo.
O conxunto local enfrontarase aos Veteranos das Gándaras a partir das 11:00 horas. A entrada é de balde.
O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, manifestou: “o Rayo é o novo equipo de veteranos de Ribadeo, ao que imos apoiar desde o Concello na súa andaina e nos proxectos que vaia levar adiante”. E animou á xente “a coñecer o novo club de fútbol veterano”.
O 1º Trofeo Veteranos Illa Pancha conta coa colaboración do Concello de Ribadeo e da SD Ribadeo.