Alfoz, 14 de xuño, 2025. A Agrupación Socialista de Alfoz quere agradecer todas as condolencias e mostras de cariño recibidas polo falecemento de Jorge Val. “Aos compañeros e compañeiras socialistas da Mariña e de Lugo especialmente”.
“Jorge era o noso Secretario Xeral, ex-Alcalde e actual Tenente de alcaldesa pero sobre todo o mellor compañeiro e amigo que se poida ter”.
“Home discreto ao que non lle gustaba nin precisaba cargo ou título algún pero que sempre estivo á altura en calquera posto que lle tocou desempeñar”.
“Era Jorge de Alfoz. Sen dúbida este é o seu verdadero nome porque dedicou toda a vida ao seu pobo”.
“Militante do PSOE desde os tempos en que estar en política era moi difícil, nas asociacións ou club de fútbol desde a súa creación, como concelleiro da oposición durante moitos años desde onde traballou siempre para conseguir todo o que podía para Alfoz aínda sen sacar rédito político”.
“Como alcalde foi excepcional en todos os sentidos”.
“Cando chegou á alcaldía tivo que pedir un crédito para pagar as nóminas dos traballadores, oito años despois Alfoz tiña deuda cero e máis dun millón de euros de remanente e sen parar de facer cousas…iso é ser un bo xestor”.
“Nunca cobrou por ser alcalde, compaxinou o cargo co traballo a turnos en Alcoa ata a súa prexubilación e incluso estando no hospital seguía levando o timón”.
“A súa porta sempre estaba aberta e o seu teléfono disponible para todos a calquera hora”.
Persoa íntegra e valente que en todas as ocasións tomou as mellores decisións para o seu pobo, porque “As cousas hai que facelas ben e legais, aínda que che costen votos”.
“Os que tivemos a sorte de coñecelo sabemos que por riba de todo era boa persoa, moi boa persoa. Que sempre podías contar con el para axudar no que fixera falta, para facer un favor ou dar un consello. A quen chamabas primero cando tiñas un problema e tamén para compartir unha alegría”.
“Quen afirma que ninguén é imprescindible, equivócase porque non conocía a Jorge. Deixa un baleiro inmenso pero tamén un gran legado que debemos conservar. Lembrar os bos momentos que foron moitos e seguir loitando polos seus ideais que son os nosos”.
“Queremos mostrar o noso cariño e respeto á súa familia. O noso agradecemento por compartilo con nós todos estes anos a costa de roubarlles momentos a eles. Especialmente á súa muller, Pilar, que fai certa a frase de que ao lado dun gran home sempre hai unha gran muller. Unha gran aperta para ti”.