A cita será o próximo domingo día 22 de xuño ás 18:30h na Casa da Cultura Manuel Lourenzo, un día pensado para os máis cativos, para que podan mostrar o aprendido durante todo o curso. Á parte do grupo anfitrión, este ano estarán acompañados pola Asociación Amigos da Gaita de Ribadeo e a Asociación Cultural Osorio Gutiérrez de Lourenzá. Durante o acto, efectuaránse diferentes sorteos. As rifas para participar nel poderanse adquirir durante a actuación. A asociación cultural convida á asistencia e a desfrutar dunha tarde de música e baile tradicionais onde os máis cativos serán os protagonistas.
