Vegadeo, 3 de xuño de 2025. O Concello de Vegadeo organiza, do 6 ao 8 de xuño, a 60ª edición da Feira de Mostras, unha das citas comerciais e sociais máis relevantes do Occidente asturiano, que este ano celebra o seu aniversario cunha programación especialmente pensada para todos os públicos. O acto inaugural terá lugar o venres 6 ás 12:00h no atrio do pavillón feiral.
Durante tres días, o Recinto Feiral de Vegadeo será punto de encontro para empresas, asociacións, institucións e visitantes chegados de toda a comarca e outras rexións. E farao cunha edición cargada de novidades, entre as que destaca o I Monográfico de Minerais, a recuperación do tradicional arrastre de bueyes ou unha exhibición de deportes autóctonos, patrocinado por Caixa Rural de Asturias.
A programación incluirá ademais actuacións musicais, showcookings, catas, talleres infantís, exposicións artísticas e actividades divulgativas, como as charlas 3D sobre dinosauros a cargo do paleontólogo Juan Carlos Escudeiro.
Ademais, coa entrada de despacho de billetes, a Feira premiará a participación do público con sorteos de vales de compra por valor de 3.000 euros, trocables no propio recinto durante o evento.
O alcalde de Vegadeo, César Álvarez, destacou que: “En esta edición tan especial, bajo el lema “El legado que nos une”, queremos rendir homenaje a quienes, durante seis décadas, han contribuido a dar forma a esta historia común: desde quienes ofrecieron su trabajo, su producto o su conocimiento, hasta quienes pusieron la música, la voz o la mirada atenta para que la Feria fuera creciendo junto a su gente”.
A tradicional Feira Cabalar, as degustacións na carpa de alimentación, a zona de lecer e as atraccións completan unha cita que cada ano reúne a miles de persoas. Toda a programación pode consultarse nas redes sociais e canles oficiais do Concello de Vegadeo.





















O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.



