Foz, 14 de Xunio 2025. A Plataforma de Afectados, formada no seu día como consecuencia dos prezos abusivos das cotas da Residencia e Centro de Día de Foz que se pretendían implantar con efectos de xullo 2024 e que o Tribunal Administrativo de Contratación de Galicia (TACGAL) deixou sen efecto mediante Resolución de data 11 de decembro de 2024, desestimando os recursos presentados pola empresa CK Senior Gestión S.L., convocou unha rolda de prensa este venres para comunicar á ciudadanía:
Que a Plataforma de Afectados se converte nunha Asociación con entidade xurídica propia coa denominación de “Asociación Agarimos”, inscrita no rexistro provincial de Lugo de Asociacións por Resolución do 22-04-2025, número 2025/27454-1, a xunta directiva está formada por dez persoas (presidente, secretaria, tesoureiro e sete vocais). “Damos este paso para defendernos mellor dos nosos lexítimos intereses, tanto económicos como sociais, pa evitar que ningunha institución nos quite de representatividade como aconteceu en algunha ocasión”.
Esta Asociación, constituída sen ánimo de lucro, ten capacidade xurídica propia, e ten como obxectivos principais e irrenunciables a defensa dun servizo público de Residencia e Centro de Dia, na cal teñan cabida usuarias/os e familiares da Residencia e Centro de Dia de Foz, tanto presentes como futuros, así como persoas sensibilizadas coas necesidades da terceira tdade, e na que teñan absoluta prioridade de praza as veciñas/os de Foz.
“Consideramos necesario e imprecindible que, tal e como indicou o TACGAL nos fundamentos de dereito na súa resolución, debido a que existen razóns dun Interese público debidamente xustificadas no Expte., non poderá levarse a cabo unha nova licitación do mesmo obxecto mentres subsistan as razóns alegadas que fundamentaron a decisión de non adxudicar o anterior contrato”.
“Segundo vimos manifestando e solicitando desde fai máis dun ano, a solución á problemática existente pasa pola elaboración dunha nova ordenanza reguladora do prezo público do servizo de atención residencial e centro de día para persoas aiores do Concello de Foz, a cal debería de aprobarse antes de iniciar calquera novo proceso de licitación ou concerto que se pretendan levar a cabo”.
“Esperamos que a partires de agora, por parte do Concello, se nos manteña informados de calquera proceso ou novidade que afecte á Residencia e Centro de Dia de Foz”.
“Neste sentido, cabe destacar que desde que se produciu a resolución do Tribunal Administrativo de Contratación de Galicia (TACGAL), malia que presentamos unha solicitude de reunión en decembro 2024, e despois de transcurrir casi seis meses desde a presentación da mesma, non fomos chamados aínda a esa reunión”.
“Tampouco entendemos moi ben que, despois de transcorrido todo ese tempo, non se estea traballando para sacar adiante esa nova ordenanza, a cal resulta imprescindible para desatascar a situación actual, e que outros concellos en condicions similares ao de Foz sí dispoñen dela”.