Ribadeo, 6 e xuño de 2025. No Concello está aberto ata o 16 de xuño o prazo para presentar solicitudes de participación no Mercadiño de Ultramar que se celebrará o 12 de xullo, no marco do X Ribadeo Indiano.
A concelleira de Promoción Económica e Turismo, Marta Saiz, explicou que “o Mercadiño de Ultramar terá lugar na Rúa San Roque durante o día 12 de xullo en horario continuo de 11:00 a mañá ata a finalización do Festival de Habaneras que será aproximadamente sobre as 22:00 horas. Poderán participar preferentemente as persoas físicas ou xurídicas que desenvolvan algunha actividade relacionada coa cultura indiana ou da época (finais do S.XIX e principios do S.XX)”.
A edil ribadense contou que “para a garantir a diversidade de produtos no mercado a organización asegurará a maior diversificación dentro de cada categoría de produtos presentados, sempre que cumpran os criterios xerais destas bases”.
Se o número de solicitudes excede ao número de postos ofertados aplicaranse os seguintes criterios de selección:
1. Estética: terase en conta a vestimenta, ambientación e decoración do posto.
2. Produto: terase en conta a calidade de produto e a súa adaptación á temática do mercado.
3. Que o produto estea vinculado ao territorio
4. Reservaranse, se houbese solicitudes, 3 postos coa actividade de peiteado/colocación de tocados.
En caso de empate realizarase un sorteo.
Saiz indicou: “xa queda menos para a celebración do X Ribadeo Indiano, e o Mercadiño de Ultramar contribuirá a encher de vida a rúa San Roque un ano máis”.
Os/as interesados/as deberán presentar as súas solicitudes no rexistro xeral do Concello ou na sede electrónica do Concello de Ribadeo http://ribadeo.sedelectronica.gal xunto co modelo de inscrición debidamente cumprimentado e a documentación requirida ata o 16 de xuño de 2025 (incluído).





















O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.



