Tamén foron acordados os ceses e nomeamentos de conselleiros, incluída a designación da presidencia e vicepresidencia
Viveiro, 27 de xuño de 2025. A Xunta Xeral da sociedade municipal Aparcadoiros A Mariña S.L. reuniuse onte a mediodía en sesión extraordinaria no Salón de Plenos do Concello de Viveiro para abordar varios asuntos relacionados coa xestión da entidade. A sesión contou coa presenza dos membros do Pleno e dos integrantes do Consello de Administración, en funcións de Xunta Xeral. Todos os puntos que se propuxeron foron aprobados por unanimidade.
Os puntos aprobados no pleno extraordinario foron a constatación e ratificación dos estatutos vixentes, a elevación a público do acordo de modificación estatutaria adoptado en marzo de 2001; a aprobación da acta da sesión anterior, celebrada o 7 de febreiro de 2024; e as contas, o inventario e o balance do exercicio 2024, así como a aplicación dos resultados e a xestión social.
Tamén se acordaron os ceses e nomeamentos de conselleiros, incluída a designación da presidencia e vicepresidencia, e aprobouse a proposta do Consello de Administración relativa á operación de crédito e á adquisición dun subministro para o aparcadoiro.