A Mariña, 10 de xuño de 2025. Mariña Patrimonio organiza unha nova charla-conferencia que nesta ocasión afondará nun momento decisivo da historia mariñeira galega: a transición da pesca tradicional cara a un modelo extractivista, un proceso marcado por profundas transformacións culturais, sociais e económicas.
O acto celebrarase o sábado 14 de xuño, ás 11:00 horas, no salón de actos da Confraría de Pescadores de Celeiro (Viveiro), “entidade á que agradecemos a xenerosa cesión do espazo”.
Baixo o título Patrimonio inmaterial: As ribeiras pescadoras e o extractivismo, o divulgador cultural Xabier Brisset Martín abordará o conflito que, a finais do século XIX, enfrontou dúas concepcións opostas da relación co mar: por unha banda, a cultura tradicional da pesca, autorregulada e integrada na natureza; por outra, unha visión extractivista que promovía a liberdade de pesca sen límites, entendendo o medio natural como algo externo e explotable.
Durante 33 anos, ambas posturas buscaron influír na lexislación, empregando argumentos e presións para impoñer os seus modelos. Esta transición traumática marcou un antes e un despois na forma de vivir e entender a actividade mariñeira en Galicia.
Este acto conta coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo – Área de Cultura.
“Animamos a todas as persoas interesadas na historia, na cultura mariñeira e no patrimonio a asistir a este evento”.





















O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.
A presidenta da Deputación, Carmela López, e outros cargos do PSdeG destacaron o valor do grelo como produto emblemático e subliñaron que iniciativas como esta impulsan a economía local, apoian ao sector produtor e reforzan a identidade do rural lucense.



