Foz, 11 de xuño de 2025. Este sábado, día 14 de xuño, na Sala Bahía de Foz, poderá escoitarse a mellor música cun fin solidario. O grupo de góspel Aba Taano, actuará ás 20:00 horas. O prezo da entrada é de 10 euros. Anunciouno a concelleira de Cultura, Inés López Couto, que explica: “Aba Taano é un grupo que canta música góspel. Os beneficios obtidos polo concerto destínanse ao proxecto Música para salvar vidas, para axudar a nenas e nenos orfos de Uganda a medrar e aprender a través da música e a danza co fin de encontrar un futuro no seu propio país. As entradas poderán adquirirse no sitio web giglon.com de forma anticipada, facilitando a xestión das mesmas, ou tamén dende unha hora antes do concerto, na propia Sala Bahía”.
“Dende o Concello de Foz apoiamos estes proxectos que buscan mellorar vidas a través da cultura. Agardamos que o público asista e desfrute moito dunha experiencia diferente á música que estamos habituados a escoitar”, engade Inés López Couto.