Ribadeo, 30 de xuño de 2025. Desde mañá, 1 de xullo, e ata as 14:00 horas do 15 de xullo estará aberto un prazo de solicitude de matrícula na EMMeD para o curso 2025/2026 para o novo alumnado. As persoas interesadas poderán facelo de xeito telemático a través dun formulario que se atopará na páxina web da escola.
Desde a dirección do centro explican que “no caso de que pechado este prazo haxa máis solicitudes que número de prazas dispoñibles, realizarase un sorteo para determinar as persoas que entran neste novo curso. As restantes formarán parte dunha lista de agarda”.