Foz, 20 de xuño de 2025. O Concello de Foz ten xa en funcionamento un Punto de actualización de Documentación (PAD) da Policía Nacional. Polo tanto durante o horario de apertura da casa consistorial, as veciñas e veciños poden realizar trámites como renovar as claves e certificados do DNI sen ter que desprazarse a Viveiro.
O alcalde, Fran Cajoto, agradece ao comisario de Lugo, Luis Romera, e á subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez que “nos achegaran este servizo, un máis que se vai a poder facer en Foz evitando desprazamentos”.
Ademais o rexedor municipal adianta que están en conversas para poder dispoñer da posibilidade de renovar a tarxeta do DNI en Foz.