Ribadeo, 13 de xuño de 2025. O 15 de xuño segue o Domingueo en Ribadeo, que organizan o Concello e Acisa.
Este vindeiro domingo Clave de Son actuará na contorna da Praza de Abastos a partires das 13 horas para animar o mediodía nesa zona da vila.
O Domingueo en Ribadeo continuará os días 29 de xuño e o 6 de xullo por diferentes localizacións.
Desde o Concello e desde Acisa animan “ás veciñas e aos veciños de toda a contorna a achegarse a Ribadeo a gozar de todas as propostas que aquí van atopar os domingos, ou calquera outra xornada. Achégase o verán e a programación de actividades na rúa increméntase, os días son grandes e toca aproveitalos ao máximo”.