Será ás oito da tarde e están convocados os colectivos que formen parte da iniciativa
Viveiro, 27 de xuño de 2025. O Concello de Viveiro convoca unha xuntanza organizativa do acto do Desembarco de Carlos V o luns 30 de xuño de 2025, ás 20.00 horas. Terá lugar na sala multiusos da Casa do Concello e invítase a que asistan a ela todos os grupos, brigadas e persoas interesadas en participar no acto enmarcado no Mercado Renacentista.
Durante a xuntanza abordaranse os preparativos do evento, así como a organización das diferentes familias e personaxes que intervirán como figurantes na representación.
Desde o Concello anímase á veciñanza a implicarse no acto, que forma parte do calendario cultural e turístico de Viveiro.