Ribadeo, 30 de xuño de 2025. O Hotel O Cabazo, de Ribadeo, celebra as súas vodas de prata. Hoxe, 30 de xuño, cumpre 25 anos.
O Cabazo abriu as súas portas no ano 2000 sendo un pequeno hotel de 19 habitacións e dúas estrelas. Naquel momento contaba cun restaurante de comida tradicional astur-galaica, que acolleu infinidade de eventos e celebracións durante moitos anos.
No 2008 o Hotel O Cabazo viviu a súa primeira ampliación, pasou de 19 a 38 habitacións e de 2 a 3 estrelas, pero non foi ata o 2017 cando aumentou 5 habitacións máis e pasou a ser distinguido como hotel de 3 estrelas superior.
Ademais dos seus múltiples investimentos, a súa aposta pola calidade sempre foi notable e así o plasmou nas sucesivas renovacións da Q de Calidade, ISO 9001, xunto ás excelentes recensións das que os seus viaxeiros deixan constancia nos portais en liña.
Recentemente, no ano 2022 o Hotel O Cabazo pechaba as súas portas para acometer unha importante reforma, cambiando á súa vez a idea de negocio. Desde xullo de 2023 está catalogado con 4 estrelas e conta con 36 habitacións, a maioría delas con terrazas privadas e excepcionais vistas da ría de Ribadeo. Na actualidade ofrece os servizos de almorzos e ceas só para os seus clientes, que poden gozar tamén de ximnasio e de sala de reunións.
Os xardíns de O Cabazo convidan á tranquilidade, ao acougo, á reflexión e a que a natureza se converta na protagonista de quen elixa este hotel ribadense para pasar o seu descanso en calquera época do ano.
O Hotel O Cabazo conta con cafetería e terraza abertas ao público.






















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



