Xove, 30 de xuño, 2025. Ven de rematar no Concello de Xove un intenso curso de 30 horas de duración acerca da selección e cría de raíñas.
A través da Consellería de Medio Rural, da Axencia Galega da Calidade Alimentaria AGACAL, do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación e do FEADER, a CASA DO Mel de Goente (As Pontes) impartiu un curso de selección e cría de raíñas na aula de formación do Concello durante 6 intensos días durante nos que, ademáis da parte práctica nun colmenar en Villalpol, na parroquia de Portocelo, trataron o seguinte temario:
1. Ciclo de vida das abellas
2. Identificación dos distintos estados larvarios
3. Selección
4. Cría de Abázcaros
5. Métodos de división de colmeas
6. Métodos de cría de raíñas
7. Taslarve
8. Formación de colmea criadora (método Cloake)
9. Formación de núcleos e paquetes de abellas
10. Marcaxe de raíñas
11. Métodos de introdución de raíñas
O alumnado quedou encantado e á espera de máis cursos debido á gran afección pola apicultura que hai pola zona.