Vegadeo, 30 de xuño de 2025. O Concello de Vegadeo valora moi positivamente a ampliación do servizo de lanzadeiras estivais presentado polo Goberno do Principado de Asturias, que duplica a oferta do ano pasado e pasa a contar con 31 roteiros de autobús público para facilitar o acceso a praias e espazos naturais de alto valor ecolóxico e turístico.
Este dispositivo, operativo do 1 de xullo ao 8 de setembro, beneficiará a un total de 27 concellos asturianos, con todos os servizos incluídos na tarxeta CONECTA. Na nosa comarca, destaca especialmente a incorporación de novos roteiros desde Taramundi cara á Veiga/Vegadeo, e a continuidade e reforzo da lanzadeira cara ás praias da Reserva da Biosfera Oscos-Eo, que se prolonga ata Tapia.
O alcalde de Vegadeo, César Álvarez Fernández, subliñou a importancia deste tipo de iniciativas: “Esta ampliación supone una mejora real para nuestros vecinos y visitantes, y una apuesta firme por una movilidad más sostenible y respetuosa con el entorno natural que tanto valoramos en el occidente asturiano. Estas rutas no solo facilitan el acceso a nuestros espacios naturales, sino que también contribuyen a dinamizar la comarca y a reducir la presión del tráfico durante la temporada estival”.
Ademais, quixo poñer en valor a colaboración entre administracións: “El Gobierno del Principado, y en particular la Dirección General de Movilidad, siempre encontrarán en Vegadeo y en toda la comarca del Eo-Navia un aliado para avanzar en la mejora de servicios y en la generación de nuevas oportunidades”.
Toda a información sobre roteiros e horarios pode consultarse en: https://www.ctaconecta.com/es/verano/