Ribadeo, 10 de xuño, 2025. O alumnado segue a ser o protagonista na XXX Feira da Ciencia ribadense que se celebrará o mércores e xoves, 11 e 12 de xuño, no IES de Ribadeo Dionisio Gamallo. A novidade deste ano é que o primeiro día imos celebrar o I Encontro de Centros Eduucativos ribadenses polo que haberá exposicións por parte do alumnado do Centro Integrado de Formación profesional Porta da Auga, do Centro de Educación Infantil e Primaria Gregorio Sanz, do Centro Privado de Ensinanza Sagrado Corazón de Jesús e do centro anfitrión, o IES de Ribadeo Dionisio Gamallo, quen agradece a todo o profesorado e alumnado a súa axuda.
Non só participarán visitándoa senón que o seu alumnado tamén presentará interesantes proxectos xa que o primeiro día celebrarase o I Encontro dos Centros Educativos Ribadenses polo que dende o IES de Ribadeo Dinisio Gamallo agradecen ó Centro Integrado de Formación profesional Porta da Auga, O Centro de Educación Infantil e Primaria Gregorio Sanz e o Centro Privado de Ensinanza Sagrado Corazón de Jesús a súa axuda e participación. Un espazo no que alumnado e profesorado poida compartir o aprendido e experimentado, como parte importante da verdadeira aprendizaxe.
O cartel deste ano é obra de Claudia Loureiro alumna de bioloxía, artista e con gran sensibilidade xa que quixo facer unha homenaxe a tódalas mulleres científicas silenciadas.
Todas elas están representadas por Rosalind Franklin xa que nos seus estudos de difracción de raios x baseáronse Watson e Crick para chegar á estructura en dobre hékice do ADN, o que lles supuxo o premio Nobel pero nunca lle recoñeceron nada e sin embargo Caludia pintounos dándolle as grazas.
Poderanse ver un bó número de traballos por parte de tódolos centros. O CEIP Plurilingüe Gregorio Sanz amosará un Taboleiro interactivo de Ribadeo, o Desafío Cansat e o Xardín de pensamentos de Rosalía entre otros traballo. O CPR Plurilingüe Sagrado Corazón Reciclar para axudar, Doce código, Espazos verdes e Vidas nas aulas. O CIFP Porta da Auga, onde naceu a Feira fai XXX anos, amosará a súa oferta educativa con alguna demostración ó respecto e o IES Ribadeo Dionisio Gamallo, proxectos que van dende o Cubo infinito de mulleres científicas galegas ata un bo número de maquetas feitas polo alumnado como a Cuna de Newton, o Levitador magnético, o Parafuso de Arquímedes, ou as tesoiras xenéticas Crisper Cas9, a diseccion do ollo, inventos tecnolóxicos coma o Soláforo e a aula de Refrixeración, os resultados do II Bioblitz do centro e unha exposición de Instrumentos e cadros musicais.