Entre as armas incautadas atópase unha pistola de airsoft coa numeración da corredera e canón limada
A Mariña, 18 de xullo, 2025. A Garda Civil propón para sanción a un veciño de Negreira (A Coruña), de 24 anos de idade como suposto autor dunha infracción á LSC.
Axentes da Garda Civil trasládanse ás 09.00 horas de hoxe á zona de “As Torres” na localidade lucense de Foz e no marco da intervención policial incáutanse en poder do infractor unha navalla de 17 cm, un machete de 50 cm, así como unha pistola de airsoft (categoría 4.1) coa numeración da corredera e do canón limada.
Neste operativo policial colaboro a policía local de Foz. As armas intervidas serán postas ao dispor da intervención de armas territorial de Burela.