Trátase dun espazo de 33,5 metros cadrados situado nun inmoble da rúa Rosalía de Castro da localidade. O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, e a alcaldesa de Viveiro, Mariña Gueimunde, formalizaron a entrega, que se fai en réxime de alugamento. Arias puxo en valor a colaboración entre a Xunta e as entidades locais para mellorar os servizos públicos que prestan no ámbito municipal.
